Xoves 10 de novembro 2011
Axenda
"Cartografías silenciadas" no Auditorio de Galicia
Comisariada por Chus Martínez, a exposición Cartografías silenciadas, de Ana Teresa Ortega, xira arredor de fotografías de espazos de represión e encarceramento franquista.
Do 27 de xullo ao 20 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Cal e canto", exposición do Colectivo Batbirulau na Zona C
O colectivo Batbirulau, creado en Compostela no ano 2007, protagonista da nova intervención da Zona "C", baixo o título Cal e canto.
Do 21 de outubro de 2011 ao 22 de xaneiro de 2012, na Zona "C".
Axenda
Outono fotográfico nos CSC
A 29 edición do Outono Fotográfico achega seis exposicións aos centros socioculturais da cidade durante o mes de novembro, mostrando os traballos de preto de 200 fotógrafos.
Do 4 ao 30 de novembro nos centros socioculturais de Vite, O Castiñeiriño, Fontiñas, Conxo, A Trisca e O Ensanche.
Axenda
Ensaio aberto da Banda Municipal
A Banda Municipal de Música, dirixida por X. Carlos Seráns, realiza un dos seus ensaios abertos ao público.
O xoves 10 de novembro, ás 12:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Cineuropa
Cineuropa chega á súa edición número 25 traendo o mellor cine a diversas salas da cidade.
Do 9 de novembro ao 2 de decembro, en diversas salas da cidade.
Axenda
Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia no Auditorio
Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por Michel Nesterowicz e con Guillermo Pastrana ao violonchelo.
Programa:
D. Vayo, Wellspring
E. Lalo, Concerto para violoncello e orquestra
S. Prokofiev, Sinfonía núm. 5 en Si bemol maior, op. 100
O xoves 10 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.