Martes 3 de novembro 2009
Axenda
A mostra "Latexos dun mundo convulso", no Auditorio
O Auditorio de Galicia presenta unha colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.
Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada Latexos dun mundo convulso, que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.
Do 17 de setembro ao 2 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Sesión de adestramento de "Memoria del Jardín"
O programa Obradoiro do Espectador continúa coa súa segunda sesión de adestramento, a dedicada á obra Memoria del jardín, que se representará o venres 6 na sala Nasa.
Os asistentes recibirán nocións das referencias do teatro postdramático e a escena contemporánea en Madrid, que lles axudarán nunha maior comprensión e disfrute da representación por parte da Compañía Magrinyana.
As inscricións poden realizarse ata un día antes do inicio de cada obradoiro. O trámite pode realizarse nos Centros Socioculturais e tamén na propia Sala Nasa.
O martes 3 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite.