Xoves 29 de outubro 2009
Axenda
A mostra "Latexos dun mundo convulso", no Auditorio
O Auditorio de Galicia presenta unha colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.
Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada Latexos dun mundo convulso, que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.
Do 17 de setembro ao 2 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Concerto celebración do 20 aniversario do Auditorio de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia, con Paul Daniel á dirección, recibirá á soprano Ute Lemper e o coro Die Singphoniker para intepretar composicións de Kurt Weill e Erik Satie, xunto coa estrea dunha obra composta expresamente polo mestre titular da RFG, Antoni Ros Marbà.
O xoves 29 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.