Venres 10 de outubro 2008
Axenda
XIII Festival Internacional de Títeres
O Festival Internacional de Títeres, Galicreques alcanza a súa décimo terceira edición. Diversos espazos da cidade acollen as representacións das máis prestixiosas compañías internacionais do mundo dos títeres, ademais de cursos e outras actividades.
Do 6 ao 12 de outubro.
Axenda
A mostra "Marxes e Mapas", no Auditorio de Galicia
Marxes e Mapas é unha mostra colectiva pensada como un conxunto de miradas ao redor dun mapa creativo que toma como punto de partida mediados da década dos noventa, ao ser este momento inicio e afirmación dunha serie de importantes mudas e procesos na realidade galega e toma como referencia contextual a mostra A arte inexistente.
Do 9 de otubro de 2008 ao 1 de febreiro de 2009, no Auditorio de Galicia.
Axenda
A Real Filharmonía e a mezzosoprano Stephanie Houtzeel interpretan a Bal y Gay, Mahler e Beethoven
Continúa o programa de abono da Real Filharmonía de Galicia, desta volta cun recital que contará coa mezzosoprano Stephanie Houtzeel como primeira solista. Interpretaranse pezas de Bal y Gay, Mahler e Beetovhen.
O venres 10 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.