Martes 27 de xuño 2006
Axenda
Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca
A Fundación "la Caixa", o Departamento de Educación e Mocidade e a Consellería de Innovación e Industria colaboran na realización da exposición sobre "Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca".
Os destinatarios son centros escolares, colectivos, asociacións e público en xeral.
En San Martiño Pinario, do 14 ao 27 de agosto.
Horarios de visita: De martes a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
Visitas guiadas para grupos: previa cita no teléfono 981 55 44 00 (Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago).
Axenda
"Dons da intemperie" na Fundación Granell
Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.
Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.
Axenda
Ciclo de cine no Principal
O Teatro Principal acolle o ciclo de cine "Imaxes contra o esquecemento"
Do 26 a o 30 de xuño.