Domingo 29 de setembro 2013
Axenda
"Detenido (Al pie de la loma)", de Christian García Bello, na Zona C
Exposición Detenido (Al pie de la loma), de Christian García Bello, baseada no poemario En las orillas del Sar, de Rosalia de Castro. Comisariada por Candela Rajal, conta coa colaboración do Master de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC.
Ata o 29 de setembro, na Zona C (San Domingos de Bonaval).
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Exposición "15 contos breves e extraordinarios" no Auditorio
15 contos breves e extraordinarios. Arte contemporánea Fundación María José Jove é unha mostra coa que a Fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia e a través da cal fusionou dous dos seus ámbitos de actividade.
O proxecto xira en torno a relación e experiencia de persoas con discapacidade con pezas contemporáneas e os seus autores. Os 15 participantes interpretaron a tamaño real a obra dun artista galego.
Ata o 29 de setembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
XXIII Día da Bicicleta
Celébrase o XXIII Día da Bicicleta, nesta ocasion con saída no Centro Comercial As Cancelas e chegada na praza central da Cidade da Cultura. O Día da Bicicleta non é unha competición, senón unha oportunidade de pasear polas rúas de Santiago nunha xornada de lecer e convivencia.
O domingo 29 de setembro, con saída ás 10:30 horas do Centro Comercial As Cancelas.
Axenda
Festival Internacional de Títeres: Galicreques 2013
Santiago acolle a XVIII edición do Festival Internacional de Titeres, Galicreques 2013.
Do 28 de setembro ao 6 de outubro, en diversos espazos da cidade.
Axenda
Concerto dos violinistas Florian Vlashi e Daniel Vlashi
Florian Vlashi e o seu fillo Daniel interpretan obras de Bartók e Berio no Programa Didáctico dirixido a escolares. Este concerto está dirixido ás familias e é recomendado a partir de 8 anos.
O domingo 29 de setembro, ás 17:30 e 19:00 horas, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural