Entre as súas funcións atópanse:

- Orientación e información relativa a trámites relacionados con licenzas e disciplina urbanística: ofrece aclaracións e axuda de índole práctica sobre procedementos, requisitos ou documentación para os proxectos ou solicitudes que se propoña realizar un cidadán en materia urbanística.
- Rexistro de solicitudes e documentación para trámites municipais en materia urbanística.
- Liquidación de taxas e impostos municipais para tramitación de solicitudes urbanísticas (excepto comunicacións previas/licenzas de inicio de actividade e comunicacións previas de cambio de titularidade de actividades)
- Servizo de atención telefónica en materia de Urbanismo (Planeamento, Patrimonio, Expropiacións…)
- Xestión de citas previas para consultas cos técnicos de Urbanismo.



Compartir: