Dirección de Área de Urbanismo
Praza do Obradoiro, 1- 2º andarTel.: 981 542 439 / Contactar co Concello
A área de Urbanismo e Infraestruturas organízase administrativa e funcionalmente en catro servizos que son coordinados pola Dirección da área de Urbanismo. As funcións que se desenvolven nesta área son as seguintes:
- Xestión dos instrumentos de ordenación territorial e planificación urbanística, así como a xestión dos mesmos (proxecto de equidistribución, expropiacións e xestión do patrimonio).
- Tramitación de licenzas e disciplina urbanística.
- Elaboración de proxectos, dirección e execución destes, especialmente no que lles afecta aos edificios municipais e ás obras de urbanización, así como o mantemento das infraestruturas públicas: alumeado, mobiliario urbano...
- Servizo de Licenzas e Disciplina urbanística: encárgase da tramitación e informe de licenzas (expedientes de obra maior e menor, apertura de actividades...) e dos expedientes derivados da comisión de infraccións urbanísticas. Neste servizo inclúese a Oficina de rehabilitación municipal que realiza idénticas funcións no ámbito do casco histórico.
- Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística. Expropiacións e Patrimonio: asume as tarefas relativas ao Planeamento xeral e de desenvolvemento (informe e tramitación do plan xeral, plans parciais, especiais, de sectorización, estudos de detalle e proxectos de urbanización), xestión do solo (proxectos de equidistribución, patrimonio e expropiacións) e cartografía.
- Servizo de Programación e Proxección: elabora e supervisa os grandes proxectos municipais e a urbanización da totalidade dos espazos públicos dos novos ámbitos que se incorporan ao desenvolvemento urbanístico.
- Servizo de Obras e Proxectos: as súas funcións vincúlanse á dirección e supervisión das obras e proxectos de iniciativa pública.