Información e Comunicación Local, S.A. (Incolsa)
Rúa do Vilar, n. 63, baixo.Tel.: 981 555 129 / Contactar co Concello
Web: www.santiagoturismo.com
Oficina municipal de turismo
Rúa do Vilar, 63Tel.: +34 981 555 129 / info@santiagoturismo.com
Web: www.santiagoturismo.com
Horario: Aberta todo o ano
Novembro - Abril : 10 a 18 hs
Semana Santa / Maio - Outubro : 9 a 19 hs
Nas oficinas municipais de turismo facilítaselles aos cidadáns e visitantes información turística vinculada co Concello: monumentos, museos, hoteis, restaurantes, lugares de ocio, troco de diñeiro, transportes, temas relacionados co Xubileo e o Camiño de Santiago, zonas de compras, oferta cultural...
Existen escritorios permanentes de información turística municipal na rúa do Vilar, 63 (Incolsa) e outras de apertura temporal no Pazo de congresos e exposicións. Asemade, facilítanse folletos e publicidade, tanto se se solicita persoalmente como se se fai por teléfono, fax ou por correo.
Como axuda ao fomento e atención do turismo na nosa cidade no ano 1999 creouse a sociedade municipal Incolsa (Información e Comunicación local, S.A.), destinada á promoción e comunicación institucional de Santiago de Compostela.
Compostela Film Comisión créase para promover a utilización da cidade no cine.
Noticias
- A alcaldesa inaugura a segunda fase da campaña "Fráxil" para sensibilizar sobre o turismo consciente 23/08/2024
- O Concello elabora un plano ilustrado para contribuír a descentralizar os fluxos turísticos 21/08/2024
- O venres comeza a segunda fase da campaña "Fráxil" para concienciar sobre a necesidade dun turismo respectuoso 19/08/2024