Atención á Cidadanía
Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixoTel.: 981 543 128 / Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:30 h.
É a canle máis directa para que a cidadanía poidan acceder ao coñecemento dos seus dereitos e obrigas e a utilización dos bens e servizos públicos. Entre as súas funcións atópanse:
- Orientación e información: ofrece aclaracións e axudas de índole práctica sobre procedementos, requisitos ou documentación para os proxectos ou solicitudes que se propoña realizar un cidadán ou para acceder ao disfrute dun servizo público ou beneficiarse dunha prestación do Concello de Santiago.
- Entrega de instancias e axuda na súa cumprimentación sobre a realización da maior parte dos trámites municipais.
- Recibe e tramita as incidencias da cidadanía (presenciales, vía internet e telefónicas).
- Servizo de atención á cidadanía: 010.
- Xestión de información administrativa municipal.
- Actualización da información administrativa da web www.santiagodecompostela.gal.
- Oficina de Queixas e Suxestións: Realiza a tramitación das queixas e suxestións presentadas pola cidadanía ao abeiro do disposto no Regulamento orgánico municipal do Pleno do Concello de Santiago de Compostela.
Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello
Trámites
- Carpeta Cidadá da web (Solicitude de PIN de acceso)
- Presentación de incidencias
- Presentación de queixas e suxestións
Enlaces
- Informe anual da Comisión Especial de Reclamacións e Suxestións. Anualidade 2023.
- Informe anual da Comisión Especial de Reclamacións e Suxestións. Anualidade 2022.
- Informe anual da Comisión Especial de Reclamacións e Suxestións. Anualidade 2021.
- Informe anual da Comisión Especial de Reclamacións e Suxestións. Anualidade 2020.
- Informe anual da Comisión Especial de Reclamacións e Suxestións. Anualidade 2019.
- Informe anual da Comisión Especial de Reclamacións e Suxestións. Anualidade 2018.
- Informe anual da Comisión Especial de Reclamacións e Suxestións. Anualidade 2017.
- Informe anual da Comisión Especial de Reclamacións e Suxestións. Anualidade 2016.
- Informe anual da Comisión Especial de Reclamacións e Suxestións. Anualidade 2015.
- Estatística consultas da cidadanía do ano 2016.
- Estatística consultas da cidadanía do ano 2015.
- Información estatística de acceso a información.