O Arquivo municipal é a oficina que actúa como depósito onde se conservan ordenadamente documentos, escrituras e expedientes pertencentes e relacionados co Concello coa finalidade de ser utilizados para a xestión administrativa, a información, a cultura e a investigación e para conservar a memoria histórica do noso municipio.

Todos os cidadáns e cidadás teñen dereito de acceso ao Arquivo municipal, mediante a solicitude da oportuna consulta. Este dereito só poderá ser denegado ou limitado cando afecte á seguridade ou defensa do Estado, á averiguación de delitos ou á intimidade das persoas. O acceso aos documentos do Arquivo é gratuíto e libre, agás no caso dos documentos que teñan reservada a súa consulta aos titulares e aos cidadáns que teñan un interese lexítimo.

O fondo documental do arquivo (exceptuando licenzas de aperturas) abrangue dende o ano 1961 en adiante. Os documentos anteriores atópanse no Arquivo Histórico Universitario.

Os expedientes de licenzas de obras que figuran actualmente neste Arquivo Municipal son dende o ano 1961 ata 1998, os posteriores atópanse na oficina de Licenzas de Obras.

As consultas de licenzas de obras e aperturas, dos planos de obras e dos proxectos técnicos e administrativos pódense realizar de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas no último andar do Concello. Para efectuar a consulta, é necesario solicitar unha autorización por escrito no Rexistro, identificarse como parte interesada no expediente e efectuar o pagamento das taxas correspondentes no caso de precisar unha copia. A catalogación está realizada mediante o ano e o número de expediente, cunha dobre entrada a través do nome de promotor do edificio e da súa localización.

Ofrécese tamén un servizo de atención a investigadores no que se facilita o labor de procura de documentación. Outra función do arquivo consiste na busca de información de carácter interno solicitada polos negociados para a xestión municipal.

Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello





Compartir: