Imposto de actividades económicas (IAE)
  • Pagamento de recibos: 20 de setembro /20 de novembro. (Notificación colectiva).
  • Prazo de pagamento para altas:
    No primeiro ano o imposto calcularase proporcionalmente ao número de trimestres naturais que resten para finalizar o ano, incluído o de comezo do exercicio da actividade.

Taxa pola entrada de vehículos e por reserva de vía para aparcamento exclusivo (VADO)
  • Pagamento de recibos: 5 de maio/5 de xullo (Notificación colectiva).
  • Prazo de pagamento para altas:
    Realizarase unha autoliquidación no momento da solicitude.
Taxa pola ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa
  • Pagamento de recibos: 5 de maio/5 de xullo (Notificación colectiva).
    Nas autorizacións de temporada o período impositivo é do 1 de marzo ao 31 de outubro. O pagamento realizarase nos mesmos prazos que nas anuais.
  • Prazos de pagamento para altas:
    Realizarase unha autoliquidación no momento da solicitude.

Imposto sobre o incremento de valor de terreos de natureza urbana (Plusvalías)
  • Pagamento de recibos:
    Transmisións inter-vivos: Nos trinta días hábiles seguintes á transmisión da propiedade.
    Transmisións mortis-causa: Seis meses a contar dende a data de falecemento do causante, podendo solicitar prórroga doutros 6 meses.

Imposto sobre bens inmobles
  • Pagamento de recibos: 5 de xullo/5 de setembro (notificación colectiva).
    Se o suxeito pasivo está adherido ao sistema especial de pago, as cotas anuais totais polo imposto sobre bens inmobles fraccionaranse en tres pagos iguais e aboaranse mediante domiciliación nas datas: 5 de xullo, 5 de setembro e 5 de novembro.
  • Prazos de pagamento para altas:
    Liquidacións notificadas entre os días 1 e 15 páganse ata o 20 do mes seguinte ou, se éste non fora hábil, ata o inmediato hábil seguinte; as realizadas entre o 16 e o último día do mes, ata o día 5 do segundo mes posterior.

Imposto de vehículos de tracción mecánica
  • Pagamento de recibos: 5 de marzo/5 de maio (notificación colectiva)
  • Prazos de pagamento para altas:
    Realizarase unha autoliquidación no momento da solicitude.

Pago dos tributos e outros ingresos de dereito público
  • Lugar de pagamento: Durante os períodos de pagamento voluntario o obrigado tributario pode elixir entre:
    - Entidades colaboradoras na recadación municipal (figuran especificadas nos impresos de autoliquidación). Os ingresos faranse en contas restrinxidas denominadas: Concello de Santiago, conta restrinxida de colaboración na recadación de ingresos por recibo ou unha recadación executiva, segundo sexa o caso.
    - A través dos caixeiros das entidades colaboradoras que dispoñan deste servizo, e a través de Internet (na páxina www.santiagodecompostela.gal).

    As solicitudes de domiciliación ou de traslado a outro banco ou caixa deberán facerse dous meses antes do comezo do período de recadación voluntaria.
  • Cobro en executiva: Se os contribuíntes obrigados non pagan as débedas en período voluntario, o seu cobro entra na vía executiva. Neste período prodúcense o recargo de constrinximento e os xuros de mora así como a execución do patrimonio do debedor. Seguindo o procedemento establecido na lexislación vixente, se o debedor non formalizara o ingreso requirido ditarase providencia de embargo dos seus bens e dereitos en cantidade suficiente para cubrir o importe da débeda (crédito, recargo, xuros e custos).
  • Entidades colaboradoras: Abanca, Banco Pastor, BBVA, Caixa Bank, Banco Sabadell Gallego e Banco Santander.

Compartir: