Contratación do servizo de comunicación do II Festival dos Abrazos

A Presidenta do Consello Reitor do organismo autónomo local Auditorio de Galicia resolveu con data 11 de agosto de 2009 a ADXUDICACIÓN PROVISIONAL da contratación do servizo de comunicación do Festival dos Abrazos 2009 á empresa e-cultura, S.A. por un importe de 51.724,14 euros (cincuenta e un mil setecentos vintecatro euros con catorce céntimos de euro).

A empresa adxudicataria dispón dun prazo de 15 días hábiles a contar desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio na páxina web para facer efectivo o importe correspondente á fianza definitiva (2.586,21 euros), así como a presentación dos documentos que acrediten fehacientemente que se atopa ao corrente nas súas obrigas tributarias e da seguridade social.

Data de publicación da adxudicación provisional na web: 11.08.2009.

Data límite para a presentación da documentación sinalada: 29.08.2009.

Número de expediente municipal

AUDITORIO DE GALICIA

Estado da contratación

Adxudicacion provisional
Compartir: