Servizo de Asistencia xurídica ó Concello de Santiago de Compostela

A Xunta de Goberno Local na súa sesión de data 22 de agosto de 2014, acordou a ADXUDICACIÓN do contrato de referencia á empresa ROIBAS E GONZALEZ CONCHEIRO
O prezo máximo do contrato é de 84.745,76 €/ANO, IVE excluído. O IVE (21% da cantidade anterior) ascende a 17.796,61 €.
O licitador ROIBAS E GONZALEZ-CONCHEIRO comprométese a executar o contrato aplicándose a baixa que a continuación se detalla:
"Serán de aplicación os criterios orientadores e custos de referencia das actuacións profesionais do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, aprobados pola súa Xunta Xeral do día 22 de decembro de 2008, practicándose na escala tipo de ditos criterios os seguintes descontos, nas materias civil, penal e contencioso-administgrativa:
- Tramos ata 3.000 €. 50%
- Tramos entre 3.001 € e 6.000 €. 55%
- Tramos entre 6.001 € e 12.000 €. 60%
- Tramos entre 12.001 € e 48.000 €. 65%
- Tramos entre 48.001 € e 90.000 €. 75%
- Tramos entre 90.001 € e 300.000 €. 85%
- Tramos superiores 300.000 €. 99%

Na materia laboral o desconto será do 99% en todos os tramos.
Nos traballos de asesoramento extraprocesal se fará un desconto do 99%.
O prezo total a percibir por todos os asuntos facturados para cada anualidade nunca será superior a fixado no contrato, 84.745,76 €, máis o 21% de IVE (17.796,61 €).
Cando o nº de procedementos polos que se xire factura durante toda a vixencia do contrato supere o nº 100, os procedementos seguintes terán unha reducción suplementaria do 10% nos descontos previstos na escala anterior; si superaran o nº 200, a reducción suplementaria da escala para os procedementos seguintes será do 15%; e si superar o nº 300, a referida reducción será do 20%.
A contía sobre a que se aplicarán os baremos de honorarios e os descontos e reduccións previstos na presente proposta será a que se fixe no xuizo ou procedemento en cuestión.
Como mellora ofrece a elaboración dunha base de datos actualizada de todos os asuntos encomendados, que garantizará en todo caso o acceso libre e directo dende a Asesoría Xurídica Municipal para a súa consulta e control."

O contrato formalizarase en documento administrativo dentro do prazo de 15 días hábiles a contar desde o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva.

Data de publicación da adxudicación definitiva na web: 27 de agosto de 2014

Número de expediente municipal

CON/8/2013

Estado de la contratación

Adxudicacion definitiva

Tipo de licitación

84.745,76 €/ano

Data de presentación de propuestas

Ata as 14:00 horas do día 7 de maio de 2014 no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela.
R/ Presidente Salvador Allende, 4
15705 Santiago de Compostela
TEL: 981 543 122 - Fax: 981 543 133

Datos de la publicación

Publicado en el BOP da provincia de A Coruña de data: 22 de abril de 2014

Información y documentación

Sección municipal de Contratación
Rúa Salvador Allende, 6-8
15705 Santiago de Compostela
TEL : 981 543 033 - FAX : 981 542 304
Correo electrónico: contratacion@santiagodecompostela.gal

Documentos relacionados

Compartir: