Servizo Carga e Descarga, asistencia técnica e outras actividades da Concellería de Cultura

Contratación do Servizo de Asistencia Técnica ás actividades da Área de Cultura do Concello de Santiago de Compostela.

A Comisión executiva do organismo autónomo local Auditorio de Galicia na sesión de 19 de maio de 2011, acordou a ADXUDICACIÓN do contrato do Servizo de Asistencia Técnica ás actividades da Área de Cultura do Concello de Santiago de Compostela por importe de 83.880,00 euros (oitenta e tres mil oitocentos oitenta euros) monto fixo e prezos unitarios: A 12,50 €; B 13,50 €; C 14, 85 € a Humanpro Eventos S. L.

O contrato formalizarase en documento administrativo.

Data de publicación da adxudicación definitiva na web: 19.05.2011

Número de expediente municipal

Auditorio de Galicia

Estado da contratación

Adxudicacion definitiva

Data límite de presentación de propostas

PRAZO E PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Auditorio de Galicia (Avda. Burgo das Nacións s/nº, CP 15705 Santiago-A Coruña), de 9.00 a 14.00 h, dentro do prazo de 15 días naturais a contar desde o día seguinte á data de publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Compartir: