Achégase información sumarial sobre algunhas das consultas administrativas máis comunmente realizadas á Oficina de Atención Cidadá.
Cales son os dereitos que os cidadáns poden esixir ao Concello?
O artigo 53 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas indica un listado de dereitos dos cidadáns. O artigo 5 do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Santiago de Compostela aprobado por acordo plenario do 4 de decembro de 1998 (publicado no Boletín Oficial da Provincia 0 9.1.1999 recolle os dereitos de participación de cidadáns e entidades que os aglutinan nos asuntos de carácter municipal. Ademais, no Decreto 208/1996, de 9 de febreiro, regúlanse os servicios de información administrativa e atención ao cidadán.

Os dereitos dos cidadáns e cidadás son:

  • Coñecer, en calquera momento, o estado de tramitación dos procedementos nos que teñan a condición de interesados e obter copias dos documentos contidos neles.
  • Identificar ás autoridades e ó persoal ó servicio do Concello que teñan baixo a súa responsabilidade a tramitación dos expedientes nos que resulten interesados.
  • Obter copia selada dos documentos que presenten, proporcionándoa xunto cos orixinais, así como a que estes sexan devoltos, agás cando teñan que constar no procedemento. (A copia debe ser aportada polo interesado).
  • Utilizar os idiomas galego e castelán nas súas relacións co Concello de Santiago de Compostela).
  • Formular alegacións e aportar documentos en calquera fase do procedemento no que teñan a condición de interesados, anterior ó trámite de audiencia.
  • Obter información e orientación no tocante ós requisitos xurídicos ou técnicos que a normativa vixente lle impoña os proxectos, actuacións ou solicitudes que se propoñan realizar.
  • Acceder ós rexistros e arquivos do Concello nos termos previstos na Constitución e na lexislación vixente.
  • Ser tratados con respecto e deferencia polas autoridades e funcionarios, que lles facilitarán o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas.
  • Obter copias e certificacións acreditativas dos acordos da Corporación Local e dos seus antecedentes.
  • Esixir responsabilidades da Corporación Local.
  • Exercer calquera outro que lle recoñezan a Constitución e as leis.
Como e onde podo iniciar un procedemento administrativo no Concello de Santiago de Compostela?
Mediante a presentación dunha petición, solicitude, instancia ou denuncia no Rexistro Xeral do Concello. Para iso vostede dispón de impresos xa confeccionados (Ver sección de impresos). Non obstante pode presentar a súa petición no documento que estime conveniente, sempre que conteña:
  • Nome e apelidos, número de documento de identidade, así como o enderezo do seu domicilio ou do lugar onde queira recibir as notificacións que lle envíe o Concello. Se utiliza os servizos dun representante, deberá citar o seu nome, apelidos e dirección aos mesmos efectos e presentar documento que o acredite como tal.
  • Descrición clara do que solicita e os feitos ou razóns que lle levan a solicitalo.
  • Lugar, data e sinatura.
  • Órgano, centro ou unidade administrativa á que se dirixe (no Concello, todos os escritos diríxense ao Excmo. Sr. Alcalde).
  • Ademais dos documentos que esixen as normas aplicables ao procedemento de que se trate, poderán presentar tamén todos aqueles que crea necesario aportar.

O Rexistro Xeral do Concello ubícase na rúa do Presidente Salvador Allende, 4 baixo.

A Lei contempla a posibilidade de que poida remitir as súas peticións, escritos ou solicitudes a través dos rexistros da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma de Galicia, nas oficinas de correo (Deberá indicarse que o escrito vai dirixido ao Concello de Santiago de Compostela e, para seguridade do administrado deberá solicitar que lle selen copia do documento presentado), nas representacións diplomáticas (embaixadas) ou oficinas consulares de España no estranxeiro ou en calquera outro lugar que establezan as disposicións vixentes.

Aínda que non é legalmente obrigatorio, se facilita o seu número de teléfono e o seu correo electrónico, as comunicacións co Concello poderán ser mais áxiles.

A Lei recoñece o seu dereito á realización de trámites respectando a maior compatibilidade horaria con seu traballo. Para facelo máis efectivo, o Concello de Santiago de Compostela está incorporando novas tecnoloxías informáticas que permitan la realización de trámites y xestiones vía internet. (Carpeta cidadán)
Que efectos ten a presentación dunha solicitude, escrito ou denuncia ante o Concello?
O Concello debe darlle una resposta.

O prazo máximo que vostede debe esperar á "resolución", ven establecido na normativa que regula cada procedemento concreto.
Quen debe tramitar os procedementos administrativos?
Desde el Rexistro Xeral remitirase a súa petición, solicitude ou denuncia, ao Departamento, Servizo, Sección ou negociado encargado da xestión do trámite, segundo as competencias atribuídas.
Como recibirá información sobre o estado do seu procedemento?
Calquera circunstancia que deba coñecer sobre a tramitación do seu procedemento, seralle notificada á dirección que sinalara para elo, ben a través do servizo de correos (por correo certificado), ou ben de manira persoal por empregados do Concello.

As notificacións deberán conter:
  • Texto íntegro do acto que se lle está notificando.
  • Indicación de si es ou no un acto definitivo en la vía administrativa.
  • Recursos que pode presentar se non está de acordo coa resolución.
  • Órgano ante o que debe interpoñelo e prazo para a súa presentación.
Que facer se a guindastre municipal retira o seu vehículo da vía pública?
Se o seu vehículo foi retirado da vía pública pola guindastre municipal debe acudir ao Centro servizo de retirada de vehículos. (Rúa de Amio s/n -Polígono Costa Vella; teléfono: 981 577 754).
Como pode reciclar aceite usado?
Os puntos en Santiago para a recollida de aceites usados dos domicilios son:
  • Praza de abastos
  • Centro sociocultural de Fontiñas
  • Centro sociocultural do Castiñeiriño
  • Centro sociocultural de Vite
  • Centro sociocultural da Trisca
  • Centro sociocultural de Conxo
  • Centro sociocultural de Amio
  • CEIP "López Ferreiro"
  • Centro de Traballo e Cultura de Cáritas Interparroquial de Santiago
  • ADEGA

Coa Universidade de Santiago de Compostela existe un convenio para o aceite producido pola propia universidade, recollemos nas residencias universitarias e moitas cafeterías.

Aos establecementos hostaleiros, colexios ou residencias da terceira idade deixáselle un bidón para o seu aceite e se recolle periodicamente.

Recolle a Asociación Plataforma polo Emprego.
Rúa dos Concheiros, 33-1º.
Teléfono: 981 580506

Máis información na web do Concello e na súa sección de actualidade
Cómo solicitar o servizo gratuíto de recollida de enseres?
Debe realizar a solicitude de retirada no teléfono 981 565 469. Indicaranlle día, hora e lugar de recollida.
Como debe reclamar por un dano responsabilidade do Concello?
Deberá presentar unha reclamación onde ademais de indicar os seus datos persoais (DNI, domicilio a efectos de notificación ...), especificarse:
  • As lesións/danos producidos.
  • A presunta relación de causalidade entre estas e o funcionamento do servizo público.
  • A avaliación económica da responsabilidade patrimonial, si fose posible.
  • Momento e lugar no que a lesión/dano efectivamente produciuse.
  • A reclamación irá acompañada de cantas alegacións, documentos e informacións se estimen oportunos ( fotografías, declaracións xuradas de testemuñas, etc.).
  • Deberá realizar a proposición de proba, concretando os medios de que pretenda valerse o reclamante.

O dereito a reclamar prescribe ó ano de producido o feito ou acto que motive a indemnización. En caso de lesións físicas os psíquicas o prazo computarase dende a curación ou determinación do alcance das secuelas.

Normativa reguladora:
- Art. 67 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas 39/2015 do 1 de outubro de 2015.
- Capítulo IV (artigos 32 a 37) da lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.


Compartir: