Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.



SERVIZOS BÁSICOS COMUNITARIOS

Horario de verán para a recollida de lixo na cidade histórica e cambio de emprazamento da illa de quita e pon da praza do Toural

Dende este xoves 6 de xullo varíase o horario de colocación das illas de quita e pon de recollida de lixo domiciliario e lixo miúdo de oficinas e comercio.

As illas comezarán a colocarse nos seus respectivos emprazamentos para estar dispoñibles para o depósito de residuos a partires das 20:00 h.

Por outra banda, dada a multitude de eventos previstos durante o verán trasládase temporalmente a illa de reciclaxe da praza do Toural á praza de Fuenterrabía.

Así pois, as illas estarán a disposición da veciñanza dende este xoves 6 de xullo e a partires das 20:00 horas nas seguintes localizacións:

1. Praza da Algalia de Abaixo
2. Rúa Salvador Parga
3. Rúa de Santo Agostiño - Ameas
4. Praza de Mazarelos
5. Praza de Cervantes
6. Praza de San Martiño Pinario
7. Praza de Praterías
8. Praza de Fuenterrabía
9. Travesa de Fonseca
10.Rúa Carretas

As illas de reciclaxe de quita e pon son espazos temporais para depositar os residuos procedente das vivendas e os residuos miúdos de oficinas e comercio, e que están en funcionamento en diversos puntos da zona vella cun amplo horario, que vai dende as 20:00 ás 23:30 horas.

Nesta franxa temporal, a veciñanza pode depositar separadamente as diferentes fraccións de residuos domiciliarios: papel e cartón, vidro, envases lixeiros, orgánica e resto.

MOBILIDADE

Servizo de transporte para o ciclo "Atardecer no Gaiás" na Cidade da Cultura

O acceso á Cidade da Cultura pódese realizar coa liña 9.

Para a volta tras a finalización dos concertos, a saída da liña C11 ás 22:33 do Camiño Francés fará prolongación saíndo da Cidade da Cultura ás 22:45 e continuando o seu percorrido habitual cara o centro.

Días:

-Mes de xullo de 2023: días 5, 6, 7, 13, 14, 20, 21, 27 e 28.
-Mes de agosto de 2023: días 3, 4, 10, 11, 17, 18, 24, 25 e 30.

Horarios e itinerario da liña na web de Tussa.

MOBILIDADE

Cambio de horario para solicitar a renovación da tarxeta bonobús a partir do 1 de xullo

Debido aos labores de actualización das ferramentas informáticas para a solicitude de renovación da tarxeta bonobús do Concello de Santiago e por necesidades do servizo, a partir do 1 de xullo e ata o 1 de setembro, o horario de presentación de solicitudes e renovación de tarxetas bonobús será os martes e xoves de 9 a 14 horas.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Desvío na liña P1 do transporte urbano (a partir do mércores 7 de xuño)

Con motivo dunhas obras no cruzamento entre Cruceiro do Gaio e a Calzada do Carme de Abaixo, a liña P1 realizará desvío nos traxectos en sentido Figueiras:

*P1 San Caetano - Figueiras - Folgoso: desde a rúa do Pombal desviarase por Galeras, Santa Isabel e Monte Pío, retomando o seu itinerario habitual na parada 162, Carme de Abaixo (c. Monte Pío).

Quedarán anuladas neste sentido de circulación as paradas: 224, Cruceiro do Gaio (acceso Carme de Abaixo) e 164, Carme de Abaixo 2. A liña realizará como parada alternativa a Cruceiro do Gaio a situada en Galeras nº 16A.

O traxecto desde Folgoso a San Caetano realizarase polo itinerario habitual sen desvíos.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na costa de San Francisco (15 - 30 de maio)

Desde o luns 15 ata o martes 30 de maio, a costa de San Francisco vai quedar cortada ao tráfico por mor das obras de reparación das pedras da súa calzada.

Debido a este corte, os vehículos que suban pola rúa Domingo García-Sabell serán desvíados pola rúa de Entrerríos.

O acceso ao Hotel San Francisco farase pola rúa dos Castiñeiros e ao Centro de Saúde de Galeras a través da rúa Domingo García-Sabell.

Permitirase o acceso ao aparcamento de Medicina, realizando a entrada e a saída dende a avenida de Xoán XXIII. A entrada ó resto dos centros afectados: biblioteca, facultades, colexios, parkings e praza do Obradoiro, tamén discurrirá a través da avenida de Xoán XXIII.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

A veciñanza da rúa de Vedra contará con prazas de estacionamento no aparcadoiro de Pontepedriña de xeito temporal

Debido ás restricións ao tráfico e estacionamento na rúa de Vedra, o Concello habilita un espazo, durante o tempo que duren as restricións, reservado para residentes no aparcadoiro de longa duración de Pontepedriña.

A veciñanza coa condición de residente da zona 1, que abrangue a zona afectada, contará cun espazo debidamente sinalizado para o estacionamento no primeiro tramo do aparcadoiro de Pontepedriña entre as rúas Amor Ruibal e Escultor Camilo Otero.

Esta medida entrará en vigor o próximo luns día 13 de marzo.

MOBILIDADE

Desvío por corte de tráfico na zona de Conxo (a partir do martes 14 de febreiro de 2023 ás 8:30)

A partir das 8.30 h do martes 14 de febreiro abre de novo ao tráfico o sentido de circulación desde a rotonda de Conxo a Benéfica de Conxo. As liñas que circulan pola zona realizarán os desvíos previos ao corte total da rúa:

(DESVÍO EN VIGOR ACTUALMENTE QUE CONTINUARÁ A REALIZARSE):

*Desde a Benéfica de Conxo (Televés) cara a rotonda de Conxo, a liña 5 en sentido centro cidade e Vite, a liña 12 e a liña C4 só poderán chegar ata Televés, desde onde realizarán cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, periférico SC-20 e desde a rotonda de Conxo continuará cada liña có seu itinerario habitual, ben á avda. de Ferrol (liñas 5 e 12), ben a Ramón Baltar (liña C4).

-Quedará suprimida a parada 412, Psiquiátrico de Conxo, en sentido centro cidade. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior dos percorridos das liñas (Benéfica de Conxo - Televés, avda. de Ferrol ou Ramón Baltar, dependendo da liña).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa das Casas Reais a partir do 6 de febreiro

A partir do vindeiro luns, 6 de febrero, e polo prazo de dúas semanas pecharase ao tráfico a rúa das Casas Reais para realización de traballos de mantemento do pavimento.

O Concello de Santiago pregalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na zona do Campo de Conxo a partir do 1 de febreiro

A partir do vindeiro mércores día 1 de febreiro, a Xunta de Galicia vai proceder coa reparación de parte do pavimento da obra que realizou no contorno do barrio de Conxo. O tramo afectado é o comprendido entre a rotonda de acceso da SC-20 e a rotonda da rúa Benéfica de Conxo, xunto a Televés.

Estes traballos conlevan que, dende esa data e durante un prazo de 2-3 semanas, o tráfico de subida cara ao centro da cidade quedará cortado á altura da mencionada rotonda de Televés, circulación que xa estaba limitada ao bus urbano e transportes autorizados.

Queda permitida a circulación de entrada dende a rotonda da SC-20 cara a rúa de Torrente e adxacentes.

Transporte urbano
Por mor deste corte, a partir do mércores 1 de febreiro ás 9.00 h, produciranse os seguintes cambios:

*Desde a rotonda de Conxo cara o Campo e a Benéfica de Conxo (Televés), os autobuses poderán circular con normalidade (liña 5 sentido Rocha e liña C2).

*Desde a Benéfica de Conxo (Televés) cara a rotonda de Conxo, a liña 5 en sentido centro cidade e Vite, a liña 12 e a liña C4 só poderán chegar ata Televés, desde onde realizarán cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, periférico SC-20 e desde a rotonda de Conxo continuará cada liña có seu itinerario habitual, ben á avda. de Ferrol (liñas 5 e 12), ben a Ramón Baltar (liña C4).

-Quedará suprimida a parada 412, Psiquiátrico de Conxo, en sentido centro cidade. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior dos percorridos das liñas (Benéfica de Conxo - Televés, avda. de Ferrol ou Ramón Baltar, dependendo da liña).

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar

MOBILIDADE

Modificación na liña 4 na zona do Romaño (a partir do mércores 30 de novembro)

A partir do mércores 30 de novembro, a liña 4 do transporte urbano modificará por motivos de seguridade a súa parada terminal de liña na zona do Romaño.

En todos os servizos da liña, os autobuses realizarán o cambio de sentido en Ponte do Romaño na rotonda de confluencia có vial que accede ao polígono do Tambre, realizando deste xeito a parada situada ao carón da devandita rotonda.

A actual parada terminal da liña 4 pasará a ser a segunda parada do percorrido en sentido ao centro da cidade.


Compartir: