Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.



MOBILIDADE

Horarios de verán 2021 no transporte urbano

O xoves 1 de xullo entrarán en vigor os horarios da tempada de verán no transporte urbano:

As liñas recuperan os horarios de verán coas reducións habituais desta tempada. Este verán, as liñas 6 e C11 adaptan a súa estrutura horaria para manter as mesmas frecuencias que no inverno.

No documento adxunto poden consultar os horarios e frecuencias por liña.

Xa está disponible nos autobuses a modificación de horarios no folleto impreso habitual, e nos vindeiros días realizarase a sustitución da cartelería nas paradas da cidade.

Direccións relacionadas

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Ameixaga

Hoxe, martes 29 de xuño, a partir das 22,30 horas vaise a cortar á circulación a subida da Ameixaga por mor do arranxo dunha arqueta situada no medio da calzada. O tráfico será desviado na avenida de Lugo por itinerarios alternativos.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Fonte dos Concheiros

No marco das obras da avenida de Lugo, dende hoxe, xoves 24 de xuño, é necesario o corte da rúa Fonte de Concheiros, na que ata o de agora só podían entrar os residentes. A partir deste momento a entrada aos garaxes afectados por este corte realizarase dende a rúa de Fontiñas.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa de San Francisco para a instalación de fibra óptica

A partir de mañá, xoves 24, iniciaranse os traballos de canalización de fibra óptica na rúa de San Francisco, polo que será preciso realizar un corte de tráfico parcial (permitirase o paso de vehículos).

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Ampliación de horario no servizo de transporte público á Cidade da Cultura (sábado 26 e domingo 27 de xuño)

O sábado 26 e o domingo 27 de xuño, o servizo na liña 9 á CDC verá ampliado o seu horario con motivo da campaña de vacinación que se leva a cabo na instalación. Consulten os servizos de transporte:

*Liña 9 (horarios para o sábado 26 e o domingo 27):

Saídas de Casas Novas á Cidade da Cultura: de 8:30 a 15:30 (cada 60')

Saídas da Cidade da Cultura á Casas Novas: de 9:00 a 16:00 (cada 60')

*Liña C11 (horarios os sábados):

Prolongacións á Cidade da Cultura (horas aproximadas por Xeneral Pardiñas), 17:30 19:45 20:00

*Liña C11 (horarios os domingos e festivos):

Prolongacións á Cidade da Cultura (horas aproximadas por Xeneral Pardiñas), 10:30 13:30 17:25 20:05

MOBILIDADE

Cortes no tráfico na zona de Laraño o xoves 24 de xuño

O vindeiro xoves, día 24 de xuño, dende as 9.00 h ata a terminación dos traballos, os accesos a Laraño van quedar cortados á circulación por mor do fresado e asfaltado da estrada de Bugallido á Barcia, á altura do lugar de Larañiño. Con esta actuación remátase a obra da senda que se estivo executando neste lugar e que termina na escola unitaria situada no lugar de Reibó.

Como alternativa pode accederse pola estrada de Noia-Villestro ou por Milladoiro-SC-20, dado que a outra alternativa a este vial, a Ponte Vella de Vidán, está tamén en obras e, polo tanto, quedan pechados os accesos á cidade tanto por Pardiñas, á altura da rotonda co vial AG-56, como polos dous puntos de entrada dende a Estación de Casal e dende o lugar de Coira.

Os residentes de toda desta zona de Laraño para acceder á cidade poderán desprazarse pola rúa da Xunlla.

Transporte urbano
Con motivo deste corte de tráfico na estrada de Bugallido á Barcia, pola que a liña P2 está a realizar o desvío por corte da Ponte Vella de Vidán, o xoves 24 de xuño a partir das 9:00 a liña rematará antes o seu percorrido:

Todas as viaxes da liña P2 a partir das 9:00 rematarán e iniciarán percorrido no cruce entre a estrada de Noia AC-543 e a rúa da Xunlla. A liña retomará o seu itinerario actual ao longo da tarde, no momento en que rematen os traballos na devandita vía.

Quedarán suprimidas as paradas nos dous sentidos de circulación que se están a realizar no desvío (Paredes, Larañiño e Reibó), así como as derradeiras da liña en Casal e viaducto.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Cortes de tráfico por mor da celebración do Festival de Artes Escénicas USCénica

Entre os días 22 de xuño e 10 de xullo vai desenvolverse a segunda edición do festival de artes escénicas "USCénica 2021", programado pola Universidade de Santiago de Compostela. Para permitir o desenvolvemento dalgunhas das actividades previstas ao aire libre no Auditorio da Universidade (Campus Vida) vanse realizar cortes de tráfico nas avenidas das Ciencias e de Vigo, en ambos casos no tramo comprendido entre as avenidas Ángel Jorge Echeverri e Novoa Santos, nos seguintes horarios:

- De 20,00 a 00,00 horas os días 22, 23 e 29 de xuño, e 6 e 10 de xullo
- De 22,00 a 1,00 horas os días 26 de xuño e 3 de xullo.

Transporte urbano
Con motivo destes cortes, a liña 15 desviarase do seu percorrido habitual:

*Acceso habitual ao campus pola rúa Jenaro de la Fuente, xiro á esquerda por Lope Gómez de Marzoa, Vicente Fraiz Andón, e cambio de sentido na confluencia entre José María Suárez Núñez e a estrada de San Lourenzo, para voltar polo seu percorrido e paradas habituais a partir da facultade de Psicoloxía, na parada de Vicente Fraiz Andón.

*O desvío realizarase en todos os servizos da liña 15 a partir das 20:00 do martes 22, mércores 23 e martes 29 de xuño.

*Quedarán suprimidas estes días a partir das 20:00 as paradas:
-96, Lope Gómez de Marzoa (Relacións laborais).
-80, avda. das Ciencias (campo de hockey).
-285, José María Suárez Núñez (Física).

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDDE

Cambios no tráfico no ámbito da avenida de Rodríguez de Viguri

NOTA: por mor da choiva, estes traballos realizaranse finalmente do venres 18 ao sábado 19.

Na noite do xoves 17 ao venres 18 (ou de venres 18 a sábado 19, en caso de choiva) en horario de 21.00 a 8.00 h, a empresa que está a executar as obras da avenida de Lugo e de Rodríguez de Viguri vai asfaltar a rotonda de Rodríguez de Viguri que dá acceso á rúa de Monte dos Poste e ao Parque de Bomberos. Por este motivo, realizaranse os seguintes desvíos:

- Os vehículos que suban pola avenida de Lugo desviaranse na rotonda da Cruz Vermella pola rúa de Londres para logo seguir pola rúa de Lisboa.

- As rúas de Berlín e de Monte dos Postes serán só de acceso a residentes, polo que estarán pechadas a saída e entrada á avenida de Lugo e de Rodríguez de Viguri, respectivamente.

- Os vehículos que procedan da zona norte terán cortado o acceso a Rodríguez de Viguri na rotonda situada onde o edificio administrativo de San Caetano (rotonda do Camiño Francés). Serán desviados cara a San Lázaro para logo enlazar coa rúa Lisboa.

- A empresa informará aos veciños da rúa do Home Santo do peche da rotonda nesa data para que poidan planificar onde aparcar, no caso de que precisen saír de noite.

Transporte urbano
Con motivo destes traballos de aglomerado, varias paradas quedarán anuladas entre as 21:00 e as 8:00. A duración dos desvíos dependerá, en todo caso, da evolución dos traballos, podendo rematar antes das horas indicadas. Poden consultarse aquí

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Cortes no Ensanche por mor da celebración de pasarrúas

Con motivo da realización de pasarrúas polo Ensanche, dentro da campaña de dinamización comercial Eu merco aquí, hoxe, venres 11 de xuño, dende as 18:00 ás 20:00 horas, pecharase ao tráfico a rúa do Xeneral Pardiñas (agás o cruzamento con Carreira do Conde) e a rúa de Alfredo Brañas.

Transporte urbano
As liñas con paso por Xeneral Pardiñas realizarán os desvíos indicados, nos servizos comprendidos entre as 18:00 e as 20:00 do venres 11 de xuño.

Quedan suprimidas as seguintes paradas:
-673 Xeneral Pardiñas nº 35

-674 Xeneral Pardiñas nº 7

*Liñas 5, 15 e P6: desde República Arxentina desviarase pola praza de Ponte Castro, rúa do Hórreo e cambio de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual na ferretería.

*Liña 13: rematará o seu percorrido na pza. de Galicia.

*Liña C11: desde a rúa Santiago de Guayaquil desviarase pola rúa do Hórreo e cambio de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual na ferretería.

MOBILIDADE

Cortes de tráfico no último tramo da rúa Berlín

A partir do luns 14 de xuño a saída da rúa de Berlín cara ao nudo de Concheiros vai quedar cortada ao tráfico debido ás obras que se teñen que realizar neste último tramo da rúa.

O tráfico de subida pola rúa Berlín será desviado pola rúa de Viena cara á nova rotonda da rúa Londres e a avenida de Lugo.

Transporte urbano
Con motivo destas obras, as liñas con subida por Berlín (9, C2, C5 e C11) desviaranse pola marxe oposta da rúa para poder acceder á rúa Viena e continuar o percorrido subindo pola avda. de Lugo a través da rotonda coa rúa Londres. A partir da confluencia con Concheiros, realizarán xa os seus percorridos habituais.

A parada 128 Berlín, centro sociocultural, será realizada fronte ao seu emprazamento, na marxe oposta da rúa Berlín.

O Concello prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións poidan ocasionar.


Compartir: