Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.



MOBILIDADE

Corte de tráfico na ruela da Tafona para a instalación de fibra óptica

A partir de hoxe, martes 14 de xullo, e durante dúas semanas pecharase a ruela da Tafona para a execución de obras de canalización de fibra óptica. Permitirase o paso peonil.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Montaxe de escenario na praza do Obradoiro

Mañá, mércores 14 de xullo, comezará a montaxe na praza do Obradoiro do escenario no que se celebrarán as actuación do martes 20 (monólogos "Sen Restricións" e actuación de Cantigas e Agarimos), mércores 21 (Luz Casal e a Real Filharmonía de Galicia) e xoves 22 (Xornadas de folclore galego). Dende esa data e ata a desmontaxe total, o venres 23, a praza permanecerá parcialmente ocupada.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que esta circunstancia poida ocasionar.

REXISTRO XERAL

SUSPENSIÓN DO ENVÍO DE DOCUMENTOS A OUTRAS ADMINISTRACIÓNS

Por mor das tarefas de integración do Rexistro Xeral do Concello no Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR), os envíos de solicitudes e documentos a outras Administracións Públicas suspéndense ata o día 15 de xullo de 2021.

As persoas que necesiten remitir instancias ou documentos a outras Administracións poden acudir, en tanto, ás oficinas de Rexistro doutras Administracións ou ás de Correos.

O Concello prega á cidadanía que desculpe as molestias causadas.

FACENDA

ENVÍOS RECIBO IBI

O servizo de Xestión, Recadación e Inspección do Concello de Santiago, comeza hoxe, venres 9 de xullo, o envío por correo postal dos recibos non domiciliados correspondentes ao IBI (Imposto de Bens Inmobles) tanto rústico como urbano.

En todos os recibos figura a nova modalidade de ingreso, que recolle dúas datas de pago. A primeira delas, co importe principal e o prazo de abono. Se non se ingresa o importe no prazo establecido, amplíase a data de pago por outros 15 días, pero incluíndo nese importe o recargo do período executivo, que é dun 5%.

ADMINISTRACIÓN LOCAL

INFORMACIÓN DE INTERESE DO REXISTRO XERAL

O Rexistro Xeral cambia a modalidade do seu horario co fin de dar unha mellor atención á cidadanía. Quedaría do seguinte xeito:

SEN CITA PREVIA
De 09:00 a 10:30 horas
Atenderanse ata un máximo de 40 números, solicitando quenda na máquina dispensadora de citas

CON CITA PREVIA
Horario de verán: 15 de xuño ao 15 de setembro
De 11:00 a 13:00 horas

Horario de inverno: o resto dos días do ano
De 11:00 a 14:00 horas

Por outra banda, o Concello lembra que toda aquela documentación relacionada co departamento de Atención ao Contribuínte só será recollida nese departamento.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na avenida de Lugo e Rodríguez de Viguri

No marco das obras na avenida de Lugo e Rodríguez de Viguri, con motivo dos traballos no carril ascendente, desviarase a circulación á altura da Cruz Vermella pola rúa de Londres e rúa de Lisboa dende as 8.00 horas de mañá, venres 9 de xullo.

Transporte urbano
Este corte afecta ás liñas 9, 13, C2, C5 e C11 e á parada 128, rúa Berlín (centro sociocultural).

Na web de Tussa (www.tussa.org) poden consultarse as paradas suprimidas e alternativas, así como os itinerarios de desvío por liña.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Servizo de transporte para o ciclo "Atardecer no Gaiás" (Cidade da Cultura, xoves e venres dos meses de xullo e agosto de 2021)

Información do servizo de transporte con motivo dos concertos que terán lugar na Cidade da Cultura, enmarcados no ciclo "Atardecer no Gaiás", os xoves e venres dos meses de xullo e agosto:

O acceso á Cidade da Cultura pódese realizar coa liña 9. No enlace adxunto figuran os horarios e itinerario da liña.
Para a volta tras a finalización dos concertos, a saída da liña C11 ás 22:21 do C.C. As Cancelas fará prolongación á Cidade da Cultura saindo ás 22:30, e continuando o seu percorrido habitual cara o centro.

Días:

-Mes de xullo de 2021: días 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29 e 30.
-Mes de agosto de 2021: días 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 e 27.

MOBILIDADE

Ampliación de horario no servizo de transporte público á Cidade da Cultura (sábado 10 e domingo 11 de xullo)

O sábado 10 e o domingo 11 de xullo, o servizo na liña 9 á CDC verá ampliado o seu horario con motivo da campaña de vacinación que se leva a cabo na instalación. Consulten os servizos de transporte:

*Liña 9 (horarios para o sábado 3/7):

Saídas de Casas Novas á Cidade da Cultura: de 8:30 a 15:30 (cada 60')
Saídas da Cidade da Cultura á Casas Novas: de 9:00 a 16:00 (cada 60')

*Liña 9 (horarios para o domingo 4/7):

Saídas de Casas Novas á Cidade da Cultura: de 8:30 a 21:30 (cada 60')
Saídas da Cidade da Cultura á Casas Novas: de 9:00 a 22:00 (cada 60')

*Liña C11 (horarios os sábados):

Prolongacións á Cidade da Cultura (horas aproximadas por Xeneral Pardiñas), 17:30 19:45 20:00

*Liña C11 (horarios os domingos e festivos):

Prolongacións á Cidade da Cultura (horas aproximadas por Xeneral Pardiñas), 10:30 13:30 17:15 19:30

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa de Xeneral Pardiñas

Mañá, sábado 3 de xuño, pecharase ao tráfico a rúa de Xeneral Pardiñas, no tramo comprendido entre as rúas da República Arxentina e da República do Salvador, por mor da instalación dun guindastre para unha obra particular.

Transporte urbano
As liñas con paso por Xeneral Pardiñas realizarán os desvíos indicados, nos servizos a partir das 8:00 e ata a finalización dos traballos na vía.

Quedan suprimidas as seguintes paradas:
-673 Xeneral Pardiñas nº 35

-674 Xeneral Pardiñas nº 7

*Liñas 5, 15 e P6: desde República Arxentina desviarase pola praza de Puente Castro, rúa do Hórreo e cambio de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual na ferretería.

*Liña 13: rematará o seu percorrido na pza. de Galicia.

*Liña C11: desde a rúa Santiago de Guayaquil desviarase pola rúa do Hórreo e cambio de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual na ferretería.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Asfaltado en varias rúas da cidade

Dende o luns 5 ata o martes 13 de xullo procederase con traballos de conservación, mantemento e reparación de pavimentos en varias rúas da cidade.

- Luns 5 e martes 6: as obras afectarán ás rúas de Vedra, Xoana Nogueira, Amor Ruibal, Pintor Laxeiro, Pintor Xaime Quesada e Brión. Serán en horario diurno. Haberá cortes puntuais e desviarase a circulación polos viais alternativos.
- Martes 6 e mércores 7: as rúas afectadas serán Canfranc, baixada da rotonda inferior de Pontepedriña (sentido saída), Vázquez Cacharrón, Josefa García Segret e avenida Fernando Casas Novoa. Tamén en horario diurno, con cortes puntuais en algún punto e paso alernativo á circulación noutros.
- Xoves 8: en horario nocturno procederase ao mantemento das rúa de Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Xeneral Pardiñas e avenida de Rosalía de Castro. Haberá cortes puntuais nalgúns tramos e paso alternativo noutros.
- Venres 9: tamén en horario nocturno, as obras a realizar van ser na rotonda inferior da avenida de Lugo con Clara Campoamor, na rúa do Escultor Asorey, Hórreo e rúa Aller Ulloa. Produciranse cortes na circulación e desviarase o tráfico polos viais alternativos.
- Luns 12 e martes 13: de novo en horario diurno, as obras afectarán ás rúas Ponte Nova de Abaixo, Caraveis, Vidán, Ponte de Vidán e avenida Mestra Victoria Míguez. Haberá cortes puntuais e paso alternativo para a circulación.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.


Compartir: