Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.



MOBILIDADE

Cambios no tráfico no ámbito de Concheiros

No marco das obras de mellora da rúa de Concheiros, a partir do luns 2 de agosto é necesario proceder ao corte do tráfico no cruzamento das rúa de San Pedro, Angustia e Cruz de San Pedro por mor da conexión de tubaxes de auga, saneamento e outras canalizacións. Esta nova fase provocará os seguintes cambios na circulación do entorno:

- Para acceder ás rúas do Medio, Betanzos e Angustia haberá que entrar dende o nudo de Concheiros subindo pola rúa do Home Santo, polo que se invertirá o sentido de circulación actual da rúa da Angustia.

- A rúa de Concheiros seguirá como ata o de agora, só residentes e carga e descarga sentido saída; acceso libre dende a rúa das Fraguas; e dende a Costa do Vedor só para residentes.

- A rúa de San Pedro quedará cortada para toda a circulación a partir do cruzamento coa calzada de San Pedro, por donde discurrirá todo o tráfico que chegue a este punto.

- Ás rúas das Chufas e Campo do Forno seguirase entrando dende a rúa dos Lagartos e sairase pola rúa San Pedro, pero en sentido baixada.

Esta fase ten unha duración aproximada dun mes.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Obras na Costa do Cristo e cambio de ubicación da oficina de Tráfico

O vindeiro luns, 26 de xullo, darán comezo as obras de reurbanización da Costa do Cristo, polo que esta rúa quedará pechada ao tránsito. Por este motivo, non se poderá acceder ao Departamento de Tráfico, que atenderá ao público na Aula de Formación do Concello (entrada pola avenida de Raxoi) cos mesmos horarios e condicións existentes e previa cita. As obras terán unha duración aproximada dun mes.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

REXISTRO XERAL

ENVÍO DE DOCUMENTOS A OUTRAS ADMINISTRACIÓNS

O Concello de Santiago de Compostela completou a súa integración no Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR) polo que xa é posible de novo presentar no Rexistro Xeral do Concello solicitudes e documentos dirixidos a outras Administracións Públicas.

Unha vez máis, pregámoslles que desculpen as molestias ocasionadas.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na travesa de Vista Alegre

Debido aos traballos de instalación de gas no número 181 de Vista Alegre, o tramo da travesa de Vista Alegre perpendicular ao cruzamento das rúas do Avío e de Vista Alegre quedará cortado ao tráfico o luns 26 entre as 8,30 e as 18,00 horas. Como desvíos poderán empregarse os extremos da travesa de Vista Alegre.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na avenida de Lugo e Rodríguez de Viguri

No marco das obras na avenida de Lugo e Rodríguez de Viguri, con motivo dos traballos no carril ascendente, desviarase de novo a circulación á altura da Cruz Vermella pola rúa de Londres e rúa de Lisboa dende as 8.00 horas do luns 26 de xullo.

Transporte urbano
O corte afecta ás liñas 9, 13, C2, C5 e C11 e á parada 128, rúa Berlín (centro sociocultural).

Na web de Tussa (www.tussa.org) poden consultarse as paradas suprimidas e alternativas, así como os itinerarios de desvío por liña.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ATENCIÓN AO CONTRIBUINTE

Reapertura da Oficina Municipal de Atención ao Contribuinte

Mañá, día 21 de xullo, abrirá de novo ao público a Oficina Municipal de Atención ao Contribuinte. Permanecía pechada desde o pasado día 13 de xullo por motivos sanitarios.

Pregamos desculpen as molestias causadas.

MOBILIDADE

Modificacións no tráfico na avenida de Lugo

Dende hoxe, venres 16, vaise recuperar o sentido de circulación de subida da avenida de Lugo, que ata este momento se desviaba pola rúa Londres. Esta recuperación da circulación manterase ata as 8.00 horas do luns 26 de xullo, momento no que se volverá pechar e desviar de novo a circulación pola rúa de Londres. O motivo é a necesidade de asentamento do aglomerado que foi instalado estes días pasados.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na Sionlla de Arriba

A partir a partir do vindeiro luns día 19 de xullo e durante 3 semanas, o viario do lugar da Sionlla de Arriba que desemboca detrás do Polígono da Sionlla e da empresa Finsa, na rúa de Murcia, vai quedar cortado ao tráfico por mor da instalación dunha canalización eléctrica que prestará servizo á subestación do Polígono da Costa Vella.

A este vial só poderán acceder os seus residentes dende a parte da Sionlla.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa Benéfica de Conxo

Co fin de executar un paso de peóns elevado á altura do número 58 da rúa Benéfica de Conxo, faise preciso pechar ao tráfico o devandito punto. Polo tanto, está previsto que dende o luns 19 de xullo ás 9.00 horas e ata as 9.00 horas do luns 26, quede interrompido o tráfico de vehículos nese lugar.

Os vehículos que circulen pola rúa da Ponte da Rocha serán desviados no cruzamento coa rúa Torrente e terán que saír pola rotonda de Volta do Castro (SC-20). Os que circulen dende o Campo de Conxo cara á Benéfica de Conxo, serán desviados pola rúa dos Roláns cara a Santa Marta.

Transporte urbano
A rúa dos Roláns recuperará as liñas 12, C2 e C4 que circulan pola zona. Ao mesmo tempo, cortarase por espazo dunha semana a rúa Benéfica de Conxo, o que afectará á liña 5.

Desvíos:

*Liñas 12, C2 e C4: voltarán ao seu percorrido habitual pola zona de Conxo e Santa Marta.

*Liña 5 (traxectos con saída da Rocha): desde Poza Real de Abaixo (Sta. Apolonia) non poderán acceder á rúa Torrente, polo que se desviarán por rotonda de Volta do Castro, SC-20, rotonda de Conxo, Campo de Conxo (psiquiátrico), cambio de sentido na rotonda de Teléves, e continuarán o seu percorrido habitual novamente por Campo de Conxo e pola avda. de Ferrol.

Paradas suprimidas: 629, Torrente nº 31; 627, Torrente (c. Travesa Benéfica); 126, Benéfica de Conxo.

*Liña 5 (traxectos con destino Rocha): desde Campo de Conxo chegarán ata a rotonda de Televés, desde onde realizarán cambio de sentido ata a rotonda de Conxo, SC-20, rotonda de Volta do Castro e percorrido habitual por Poza Real de Abaixo (Sta. Apolonia).

Paradas suprimidas: 626, Torrente (c. Travesa Benéfica); 628, Torrente nº 28; 246, Torrente (c. Volta do Castro).

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Ampliación de horario no servizo de transporte público á Cidade da Cultura (sábado 17 de xullo)

O sábado 17 de xullo, o servizo na liña 9 á CDC verá ampliado o seu horario con motivo da campaña de vacinación que se leva a cabo na instalación. Consulten os servizos de transporte:

*Liña 9 (horarios para o sábado 17/7):

Saídas de Casas Novas á Cidade da Cultura: de 8:30 a 15:30 (cada 60')

Saídas da Cidade da Cultura á Casas Novas: de 9:00 a 16:00 (cada 60')

*Liña C11 (horarios os sábados):

Prolongacións á Cidade da Cultura (horas aproximadas por Xeneral Pardiñas), 17:30 19:45 20:00

*Liña C11 (horarios os domingos e festivos):

Prolongacións á Cidade da Cultura (horas aproximadas por Xeneral Pardiñas), 10:30 13:30 17:15 19:30


Compartir: