É unha empresa municipal creada para a execución e ordenación das políticas de transporte público urbano de viaxeiros en Santiago de Compostela. Son obxectivos, entre outros, a administración do transporte urbano colectivo; estudo e planificación do transporte no ámbito municipal; inspección e control de liñas de transporte urbano; xestión, construción e establecemento de aparcadoiros; xestión, explotación e administración de estacións de autobuses e outras funcións anexas e complementarias.

O domicilio social estableceuse en Santiago de Compostela, praza do Obradoiro s/n. As oficinas atópanse nas dependencias da estación de autobuses (praza de Camilo Díaz Baliño, s/n).

Enlaces



Compartir: