A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Santiago de Compostela ofrece os seguintes servizos:
  • Inspección das distintas rutas xacobeas.
  • Acompañamento de peregrinacións.
  • Servizos culturais: concertos, procesións, xornadas culturais.
  • Axuda social.
  • Servizos de medio ambiente: todo o relacionado co contorno natural, rescate e recollida de fauna salvaxe (especialmente fauna protexida), recollida de árbores de Nadal...
  • Relatorios e conferencias en colexios, institutos ou otras asociacións sobre O Camiño e sobre a Protección Civil.
  • Busca de persoas desaparecidas.
  • Colaboración con outros corpos: Policía Local, Bombeiros, Policía Nacional e Autonómica, Garda Civil, Cruz Vermella...
  • Eventos deportivos: fútbol, fútbol sala, baloncesto, sendeirismo...
  • Participación nos grandes eventos do Concello: Cabalgadas de Reis e Entroido, Fogos do Apóstolo, Carreira Pedestre Popular...
  • Actuación en inundacións, temporais, xeadas ou desastres naturais.
  • Todos aqueles eventos nos que sexa requirida ou necesaria a súa presenza por motivos xustificados.




Compartir: