Ao Servizo de Planeamento e Xestión correspóndelle a tramitación e, de ser o caso, a formulación dos distintos instrumentos de ordenación previstos na Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, así como a tramitación e, de ser o caso, dos distintos instrumentos de xestión urbanística, necesarios para executar as determinacións do planeamento aprobado, a través dos sistemas de actuación previstos na lexislación vixente.

Tramitar a execución do planeamento tanto no relativo á obtención do solo necesario para a implantación das distintas dotacións públicas como na realización e control do proceso de execución das obras de urbanización a través dos sistemas de actuación previstos na lexislación urbanística.

Aplicar e xestionar os instrumentos de patrimonios públicos do solo....

Realizar intervencións no mercado do solo, segundo o establecido na lexislación vixente.

Informar sobre todo o planeamento municipal executado e en tramitación, sobre os trámites e requisitos para o seu desenvolvemento, proxectos...

Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello



Compartir: