Lingua galega
Rúa da República do Salvador, 12Tel.: 981 542 409 / Web: delingua.santiagodecompostela.gal
Correo: dlg@santiagodecompostela.gal
O Concello de Santiago presta especial atención ao proceso de normalización lingüística a través da galeguización dos seus servizos e tamén poñendo en marcha programas dirixidos á poboación e ás entidades asociativas ou empresariais de Compostela.
Ademais dunha Concellaría Delegada de Normalización Lingüística, a Corporación Municipal creou o Consello Municipal de Normalización Lingúística co fin de facilitar a participación cidadá no deseño e posta en práctica da política lingüística municipal.
Procura a promoción do idioma galego centrándose, en primeiro lugar, no uso interno: documentación escrita, formularios, formación lingüística do persoal, dotación de material de apoio, de xeito que calquera cidadán que se achegue ao Concello poida ser atendido en galego e esta sexa, progresivamente, a primeira lingua de comunicación.
En segundo lugar, realiza actuacións externas, tendentes a acadar a normalización plena da lingua galega: servizo de asesoramento e información a todas as persoas ou entidades que o demanden: programación de cursos de lingua, campañas informativas ou de sensibilización, subvencións e colaboración con propostas doutras entidades e organización de actividades diversas.
Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello
Concellarías
Noticias
- O proxecto Youtubeiras convoca a sétima edición dos seus premios baixo o lema ‘Rede aberta, Rede diversa’ 21/09/2023
- Comezan os obradoiros de acollemento lingüístico organizados polo Concello de Santiago 19/09/2023
- Alingua desvela a campaña É túa. Pásaa! para apelar ao uso do galego no individual e no colectivo 19/04/2023