Patrimonio

Realiza as xestións relativas ao conxunto de bens, dereitos e accións que pertencen a este Concello, tanto polo que respecta á tramitación para a súa defensa, como a requirida para a súa adquisición ou alleamento.

Encárgase da tramitación de:
-Expedientes de cese de ocupación de camiños públicos municipais ou calquera ben do Concello.
-Expedientes de recuperación, investigación e regularización de propiedades do Concello.
-Expedientes de recuperación de oficio de bens de dominio público.
-Alleamento de parcelas municipais
-Informacións e denuncias de ocupación de camiños
-Inmatriculación de bens no Rexistro da Propiedade (edictos)
-Información pública de procesos de concentración parcelaria
-Inscrición no Rexistro da Propiedade de bens municipais.
-Formalización en escritura pública de actos de adquisición e transmisión de bens municipais.
-Emisión de informes sobre bens de titularidade municipal.

Expropiacións

A expropiación é un sistema de actuación directo que pode aplicarse, ademais de para a execución de polígonos, para a obtención dos sistemas xerais da ordenación urbanística do territorio ou de algún dos seus elementos ou para realizar actuacións illadas en solo urbano.

Poderá ser utilizado, cando razóns de urxencia ou necesidade así o xustifiquen. Deste xeito a administración actuante obtén a propiedade de todos os bens e dereitos incluídos no polígono, executa as obras de urbanización e posteriormente allea ou promove as parcelas resultantes susceptibles de urbanización.

Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello



Compartir: