Unidade de atención ás migracións
Rúa Isaac Díaz Pardo, 2-4 (Galeras)Tel.: 981 542 495 / / Fax: 981 542 494
Contactar co Concello
Horario: Atención ao público:
Horario de inverno: de luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas.
Horario de verán (meses de xullo eagosto ): de 9:00 a 13:00 horas.
Para facilitar a inclusión social e laboral das persoas en situación de vulnerabilidade, a Unidade de Atención ás Migracións – UAMI, que é a oficina municipal encargada da acollida inicial ás persoas emigrantes e inmigrantes e retornadas, xestiona e informa sobre un conxunto de actuacións que contemplan axudas, subvencións, bolsas de estudos, actividades e programas dirixidas á cidadanía e prestando os seguintes servizos:
- Información e asesoramento na tramitación de permisos de residencia e traballo, visados, adquisición de nacionalidade, reagrupamento familiar, e calquera outros trámites administrativos que este colectivo precise, así como as prestacións sociais, educativas ou sanitarias ás que tivesen dereito; información dos trámites posteriores ó retorno e das axudas extraordinarias para persoas retornadas; información das axudas para o retorno voluntario de persoas inmigrantes...
- Información acerca de programas formativos e de orientación laboral, así como de cantas axudas poidan facilitar a súa inserción no mercado laboral.
-Orientación e derivación para a tramitación de recursos sociais.
-Desenvolvemento de programas que promovan a integración das persoas inmigrantes na nosa sociedade; e daqueles que fomenten os valores de tolerancia, respecto á diferencia e convivencia intercultural. - "Crónicas de Siria" achegará aos centros socioculturais relatos musicados de autoras e autores sirios 09/03/2017
- O programa "Compostela Convive" dotará de recursos para a busca activa de emprego a persoas con especiais dificultades 08/09/2016
- A concelleira de Políticas Sociais reúnese con CEAR para coñecer a situación das persoas refuxiadas en España e en Europa 10/02/2016