Agustín Hernández Fernández de Rojas

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Nado en Madrid en 1961. Vive, dende 1992, na comarca de Santiago e, dende 1998, é veciño de Pontepedriña (Santiago de Compostela).
Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade Politécnica de Madrid.
Funcionario do Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia dende 1994.
Foi director xeral de Obras Públicas entre maio de 1998 e agosto de 2005.
Dende marzo de 2009 ata xuño de 2014, foi conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Deputado no Parlamento de Galicia nas lexislaturas 8ª e 9ª.
Alcalde de Santiago de xullo de 2014 a xuño de 2015.
Actualmente, é Deputado Provincial polo partido xudicial de Santiago, portavoz do Grupo Municipal Popular no Concello de Santiago de Compostela e Presidente Local do PP de Santiago de Compostela.tiago de Compostela e Presidente Local do PP de Santiago de Compostela.

María José Castro Carballal

María José Castro Carballal
Nada en Santiago de Compostela. Licenciada e Graduada en Dereito pola Faculdade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. Diplomada en Comunidades Europeas. Diploma de Directivo e de Inspección de Servizos da Xunta de Galicia. Funcionaria do Corpo Superior da Xunta de Galicia, na que exerceu funcións en diferentes áreas de asesoramento xurídico e ultimamente na defensa dos dereitos fundamentais das persoas na oficina do Valedor do Pobo. Durante seis anos participa activamente no movemento de asociacionismo veciñal (Os Tilos). Implicada no eido da participación e sensibilización social, colabora formando parte da Fundación Andrea de apoio a nenos con enfermidades de longa duración.

Alejandro Sánchez-Brunete Varela

Alejandro Sánchez-Brunete Varela
Traxectoria política centrada en Santiago, cidade na que foi concelleiro entre os anos 1995 e 1999. Unha persoa que coñece a fondo a Administración, onde desempeñou postos de responsabilidade como asesor tanto a nivel autonómico como local, así como no Parlamento de Galicia. Foi concelleiro de Seguridade e Mobilidade de xullo de 2014 a xuño de 2015.

María Ángeles Antón

María Ángeles Antón
Anterior xerente do Consorcio de Santiago. Directora xeral de Turismo entre 2001 e 2005 e subdirectora de Inspección e Planificación Turística entre 2009 e 2012. Foi concelleira de Cultura e Patrimonio e segunda tenente de alcalde de xullo de 2014 a xuño de 2015.

María José Corral López

María José Corral López
Licenciado en Dereito, funcionario da Administración local e secretario municipal no Concello de Boiro. Foi concelleiro de Réxime Interior e Administración Pública de xullo de 2014 a xuño de 2015.

Manuel Martínez Varela

Manuel Martínez Varela
Licenciado en Dereito, funcionario da Administración local e secretario municipal no Concello de Boiro. Foi concelleiro de Réxime Interior e Administración Pública de xullo de 2014 a xuño de 2015.

Teresa Gutiérrez López

Teresa Gutiérrez López
Enxeñeira de Camiños, Canles e Portos. Foi directora do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Entre 2003 e 2013 desenvolveu diversos cargos na Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos da Xunta de Galicia. Foi primeira tenente de alcalde e concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible de xullo de 2014 a xuño de 2015.

María Teresa Cancelo Márquez

María Teresa Cancelo Márquez
Directora do Departamento de Economía Cuantitativa na Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Ciencias Económicas tamén pola USC, foi decana da súa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais no período 2007-2010. Posteriormente ostentou o cargo de directora xeral do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia. Foi concelleira de Educación e Xuventude de decembro de 2014 a xuño de 2015.

Claudio Montiel Carracedo

Claudio Montiel Carracedo
É licenciado en Medicina e Cirurxía, diplomado en Dirección Médica de Hospitais e en Xeriatría e Xerontoloxía. Foi médico de familia en Santiago de Compostela. Na actualidade exerce como xefe provincial dos servizos médicos de Correos SAE da provincia da Coruña.
Compartir: