A Xunta de Goberno é o órgano municipal que colabora, de xeito colexiado, na función de dirección política que lle corresponde ao alcalde, que é ademais o seu presidente e o encargado de nomear os seus membros.

Os membros da Xunta de Goberno deben ser concelleiros. Entre os membros da Xunta, o seu presidente, o alcalde, é quen nomea o secretario.

A Xunta de Goberno debe responder ante o Pleno da súas actividades, sen prexuízo de que a responsabilidade destas caia de xeito directo sobre cada un dos membros da Xunta. Así mesmo, as persoas que compoñen a Xunta teñen o dereito de asistir as sesións plenarias e participar nos seus debates, sexan ou non concelleiros.

Entre as atribucións que lle corresponden á Xunta de Goberno está a aprobación de proxectos relativos a ordenanzas, orzamentos e regulamentos, a aprobación de proxectos de ordenación urbanística previa á súa discusión no Pleno, así como a daquelas cuestións que non estean expresamente atribuídas ao Pleno, a aprobación da relación dos postos de traballo e as retribucións dos mesmos de acordo ao orzamento aprobado polo Pleno.

Outras responsabilidades de Xunta de Goberno son as concesións e contratacións de licenzas, o desenvolvemento da xestión económica, e o nomeamento e o cese dos titulares dos órganos directivos do Concello. Ademais, a Xunta de Goberno pode levar a cabo accións xudiciais e administrativas e ten potestade sancionadora.

Membros da Xunta de Goberno Local

  • Preside: Martiño Noriega Sánchez
  • María Rozas Pérez
  • Jorge Duarte Vázquez
  • Noa Morales Sánchez
  • Xan Duro Fernández (secretario)
  • Concepción Fernández Fernández

Compartir: