Branca Novoneyra

Branca Novoneyra
Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, DEA en Educación Artística pola Universidade de Granada e especialista en Edición Dixital pola UOC. Durante dez anos traballou no ámbito da danza contemporánea e xestionou o Laboratorio de Movementos. É autora de dous libros de poesía e traballa no eido da xestión cultural, centrada no espazo editorial. Coorganiza o ciclo de lecturas poéticas Picaversos e colabora activamente con diversas estruturas e artistas en proxectos escénicos e poéticos. Concelleira de Acción Cultural en Santiago de Compostela na lexislatura 2015-2019.

Marta Lois González

Marta Lois González
Naceu en Vigo en 1969, ten unha filla e un fillo. Leva máis de 25 anos vivindo en Santiago de Compostela. Forma parte da directiva da ANPA do CEIP de Fontiñas e foi membro do Consello Escolar deste mesmo centro. É profesora na Facultade de Ciencias Políticas da USC. Os temas nos que habitualmente traballa están relacionados coas políticas públicas, a igualdade de xénero e a representación política. É parte dun amplo grupo de investigación sobre xénero e política con profesoras e investigadoras de varias universidades do Estado. Ademais, é integrante do grupo Armela, que analiza o impacto da actual crise económica no desenvolvemento e garantía dos dereitos sociais e a igualdade de oportunidades entre a cidadanía. Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo en Santiago de Compostela na lexislatura 2015-2019.

Jorge Carlos Duarte Vázquez

Jorge Duarte Vázquez
Nado no 1966, natural de Boimorto, arquitecto pola ETSA da Coruña, con especialización en Urbanismo e Rehabilitación e Renovación Urbana. Reside en Santiago de Compostela dende principios dos noventa e traballa no estudio Atrio Arquitectura, onde aborda proxectos de rehabilitación, de turismo rural, arquitectura bioclimática e tamén proxectos de urbanización. Foi presidente do Colexio de Arquitectos en Compostela e decano do Colexio de Arquitectos de Galicia e coordinou o Manual de Calidade do Proxecto Arquitectónico do Consello Superior de Arquitectos de España. Concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade en Santiago de Compostela na lexislatura 2015-2019.

María Rozas Pérez

María Rozas Pérez
Naceu en Santiago en 1981. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, con Máster de Estratexias, Axentes e Políticas de Cooperación ao Desenvolvemento polo Instituto HEGOA. A súa traxectoria profesional está vinculada á consultoría de xestión económica e patrimonial para Administracións Públicas, e foi voluntaria en varias ONGD’s e participante de movementos feministas. Foi concelleira de Economía, Facenda e Administración en Santiago no período 2015-2019.

Xan Duro Fernández

María Rozas Pérez
Naceu na Coruña en 1966, e é pai de dous fillos. É Diplomado en Biblioteconomía e Documentación, e traballa na Universidade de Santiago. Ten unha longa traxectoria vinculada ao movemento ecoloxista: foi presidente de ADEGA; coordenador xeral de Verdegaia, organización da que segue formando parte; e membro de Ecoloxistas en Acción. Foi concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia en Santiago no periodo 2015-2019.
Compartir: