Manuel César Vila
Concelleiro de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, con competencias nas materias de planificación económica e financeira, xestión tributaria, xestión orzamentaria e política fiscal; persoal e réxime interno; contratación; arquivo e innovación e informática. Tamén se lle delegan as competencias de recoñecemento e liquidación de obrigas derivadas de compromisos de gastos legalmente adquiridos; ordenación de pagamentos, que inclúe a sinatura nos documentos nos que se formaliza o pago material; as relativas ao exercicio da responsabilidade patrimonial que corresponden a esta Alcaldía; e oficina de información de recursos e fondos, captación de fondos europeos e captación de investimentos industriais.
Veciño do barrio de Santa Marta, aínda que con orixes no de San Lázaro, onde se criou e formou parte das xuntas directivas das súas asociacións xuvenil e veciñal (AVV Monte do Gozo). Catedrático de Formación e Orientación Laboral no CIFP Politécnico de Santiago, é licenciado en Ciencias Económicas e en Administración e Dirección de Empresas. Ademais, é doutor en Integración Económica e Desenvolvemento Rexional pola USC, onde tamén foi profesor asociado no departamento de Organización de Empresas e Comercialización. Foi secretario da Agrupación Cultural O Galo e tesoureiro e vogal do Consello da AGAL. Afiliado à CIG-Ensino, fixo parte do seu Consello Federal e da Executiva Comarcal de Santiago.
Intervención e Tesouraría
Galeras, 5- 3º andar
Tel.: 981 542 319 (Intervención) // 981 542 317 (Tesouraría)
Atención ao Contribuínte
Rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo
Tel.: 881 599 977
Persoal
Pazo de Raxoi
Tel.: 981 542 326
Contratación
Pazo de Raxoi. Entrada pola avda. de Raxoi (escaleira esqda, 1º andar)
Tel.: 981 542 370
Compras e Subministros
Presidente Salvador Allende n. 6-8 baixo
Tel.: 981 542 314
Arquivo Municipal Praza do Obradoiro, 1-3º andar
Tel.: 981 543 085 /
Horario: de luns a venres (excepto festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Planificación Económica e Financeira
O Concello aposta por unha facenda municipal progresiva, equitativa e suficiente, creando as condicións para unha redistribución efectiva da riqueza e fornecendo as arcas públicas dos recursos necesarios para atender as súas competencias e as necesidades sociais máis urxentes. A planificación económica e financeira responde ao obxectivo de garantir que as decisións municipais nesta materia se adapten a un horizonte de sustentabilidade.
Ademais, foméntase a transparencia e a participación cidadá, tamén nos gastos e investimentos, facéndoos accesibles á cidadanía dun xeito pormenorizado, claro e aberto.
Ademais, foméntase a transparencia e a participación cidadá, tamén nos gastos e investimentos, facéndoos accesibles á cidadanía dun xeito pormenorizado, claro e aberto.
Xestión Tributaria
Este Departamento ocúpase de realizar as xestións encamiñadas á consecución material das liquidacións dos tributos e doutros ingresos municipais, así como das recadacións, ao tempo que procura facer efectivo o principio de xeneralidade nas cargas tributarias dos obrigados ao pagamento a través da sección de inspección tributaria.
Xestión Orzamentaria e Política Fiscal
A elaboración dos orzamentos municipais, en coordinación cos diferentes departamentos municipais é outra das funcións desta Concellería. Axustar os gastos e ingresos é o obxectivo fundamental nesta materia, sempre no marco da distribución dos recursos para atender as competencias e necesidades do concello e dos seus cidadáns.
En materia de políticas fiscais, deféndese a progresividade mediante a elevación do peso das figuras tributarias directas na recadación municipal e a redución das indirectas, considerando a situación económica e social nas figuras fiscais, con bonficacións ou desgravacións por tal condición. A suficiencia da recadación municipal vén determinada polas necesidades básicas que deben ser atendidas e pola loita contra o fraude fiscal e a economía mergullada

Réxime Interior
Ten a facultade para darlles as instrucións precisas aos servizos municipais para a adopción de medidas de seguridade e reparación, mantemento e conservación que requiran os edificios de propiedade municipal, en especial do Pazo de Raxoi.
En materia de Persoal desempeña a xefatura directa e inmediata do persoal municipal, agás dos corpos de Policía municipal, Bombeiros e Protección Civil. Ten a competencia de propor a estruturación e organización dos servizos administrativos do Concello no marco das áreas existentes en cada momento.
Encárgase da proposta de aprobación dos plans de formación do persoal municipal e da revisión de sistemas de organización e métodos de traballo. Ten tamén a potestade de adoptar as medidas que estime necesarias para procurar o mantemento e incremento da produtividade e do rendemento do persoal municipal. Nesta dirección, o Concello asumiu o reto da sociedade da información, cun programa de reforma integral da administración para adaptala aos novos tempos.

O Departamento de Contratación facilita os pregos de condicións económicos, administrativos e técnicos, compulsa documentación de contratos convocados polo Concello e informa sobre expedientes en curso, condicións de contratos e proxectos de execución de obras.
Tamén asesora a Corporación na materia de contratación administrativa, colabora cos departamentos municipais para a contratación de bens e coordina os labores de secretaría das mesas de contratación municipais (concursos, subhastas e procedementos negociados).

Servizos
Contratación
Xestión Tributaria, Recadación e Inspección. Atención ao Contribuínte
Tesouraría
Intervención. Fiscalización e Contabilidade
Arquivo Municipal
Persoal. Xestión de Recursos Humanos
Noticias
- O concelleiro de Facenda anuncia o expediente de remanentes por 6,7 millóns co foco nas necesidades urxentes do Concello e as políticas de vivenda 18/07/2024
- O Concello de Santiago pagou máis de 22 millóns de euros en facturas no primeiro semestre do ano 12/07/2024
- O executivo municipal aproba o Plan de Contratación para 2024, que recolle 82 contratos cun valor de preto de 223 millóns de euros 06/05/2024