Comunicación
Praza do Obradoiro, 1-baixo
Tel.: 981 543 109
CERSIA Empresa
Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIA
Tel.: 981 542 493 / / Fax: 981 542 492
Contactar co Concello
Web: www.cersiaempresa.org
Horario: de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Promoción Económica, Emprego e Comercio
A promoción económica da cidade enténdese coma o resultado dun modelo de cidade a construír e dunha imaxe de cidade a transmitir, apostando por un modelo de desenvolvemento local endóxeno, cooperativo e asentado na identidade e na historia do territorio. Trabállase pola dinamización económica dos barrios e do rural.
O emprego é outro dos eixes de traballo deste Departamento, adaptando o máximo posible as políticas autonómicas de atención ás persoas desempregadas á realidade do concello, e impulsando programas de intermediación laboral que teñan en conta as necesidades especiais dos demandantes de emprego con diversidade funcional ou en risco de exclusión social.
Dende esta área xestiónase a Axencia Local de Colocación, que xoga un papel fundamental nesta intermediación coas persoas desempregadas, pero tamén no eido da formación, realizando cursos de formación ocupacional, escolas-obradoiro, obradoiros de emprego, medindo de forma continua a súa eficacia, e orientándoos aos sectores e actividades estratéxicos.
O emprendemento é outra das liñas de acción desta área, fomentando a formación e creando as condicións axeitadas para o nacemento de proxectos colectivos, cooperativos e competitivos.
En materia de comercio, promóvese e apóiase o comercio de barrio, fomentando o asentamento de empresas de servizos, a creación de cooperativas e da difusión de produtos turísticos na zona rural. Impúlsase a actividade comercial, suxerindo iniciativas comerciais innovadoras e alternativas para o comercio tradicional, a través de proxectos colectivos e coordinando as campañas de dinamización comercial coas campañas turísticas, culturais e de festividades da cidade.

Servizos
Comunicación
Mercados Centrais de Abastecemento de Santiago, Mercagalicia S.A.
Consorcio da Cidade de Santiago
Promoción Económica
Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.
Comercio
Emprego
Mercado do Gando
Noticias
- Marta Abal destaca na clausura das xornadas "Descubre o talento" a aposta do Concello polas empresas de inserción 02/06/2023
- As actividades da Prima 23 adiadas pola chuvia celebraranse o 2, 3 e 17 de xuño 29/05/2023
- Santiago, única cidade galega entre as quince con menores taxas de paro, segundo os datos de indicadores urbanos difundidos polo INE 24/05/2023