Presentación

O vindeiro día 27 de outubro de 2016, no Auditorio da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos), terá lugar a Primeira xornada sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela, organizada conxuntamente pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde do Concello de Santiago de Compostela e a Mesa de traballo para o estudo da situación das persoas sen teito–transeúntes e dos recursos en Santiago de Compostela.

Esta xornada ten como finalidade principal xerar un espazo para o achegamento de experiencias, moitas delas en primeira persoa, sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela, así como amosar diferentes iniciativas políticas e sociais que se están levando a cabo no ámbito galego e estatal para a atención e xestión desta problemática.

O público destinatario serán profesionais e persoal voluntario de institucións e iniciativas relacionadas coa atención a persoas sen fogar, así como estudantes do eido social e comunitario.
Compartir: