A cotío os cidadáns e cidadás teñen que realizar numerosas xestións perante o Concello para acceder a prestacións de servizos básicos; dar conta das súas obrigas tributarias; acollerse a programas sociais, educativos ou culturais; solicitar información ou beneficiarse de axudas para o desenvolvemento de actividades asociativas, profesionais ou empresariais. Achégase unha guía das principais xestións e trámites municipais.

Xestións e trámites ordenados por centros de interese

Obtense a información sobre as xestións que se desexen realizar coa administración municipal mediante categorías organizadas en función do tema sobre o que se precisen efectuar os trámites e procedementos administrativos.

Xestións ordenadas por servizos

Pódese acceder á información sobre xestións relacionadas coa administración mediante unha clasificación por servizos dependentes de cada departamento municipal. Contribúese así a axilizar o proceso de tramitación de expedientes ao dispór dos requirimentos, da documentación que debe achegar, dos prazos, da información sobre taxas ou mesmo a posibilidade de presentar recursos contra a resolución inicial, entre outros.

Impresos

Nesta sección poderá acceder aos impresos ou formularios das xestións administrativas municipais e realizar a súa descarga para cumprimentalos.

Preguntas frecuentes sobre xestións

Achégase información sumarial sobre as consultas administrativas máis comúns.
Compartir: