Contratación da Dirección artística e técnica do VI Festival Internacional de Curtametraxes "Curtocircuito 2009"
A Comisión executiva do organismo autónomo local Auditorio de Galicia de data 31 de xullo de 2009, acordou a ADXUDICACIÓN PROVISIONAL da contratación da Dirección artística e técnica do VI Festival Internacional de Curtametraxes (Curtocircuito 09) a nome de Timothy Redford, por importe de 37.931,03 euros (trinta e sete mil novecentos trinta e un euros con tres céntimos de euro).
O adxudicatario dispón dun prazo de 15 días hábiles a contar desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio na páxina web para achegar a documentación requerida no Prego de non telo feito con anterioridade, así como a presentación dos documentos que acrediten fehacientemente que se atopa ao corrente nas súas obrigas tributarias e da seguridade social.
Data de publicación da adxudicación provisional na web: 04.08.2009
Data límite para a presentación da documentación sinalada: 22.08.2009