Obras de Reurbanización contornos urbanos de acceso á cidade (Rosalía Castro-Santa Marta-Choupana-Volta do Castro)
A Xunta de Goberno Local na sesión de data 5.12.2009, acordou a ADXUDICACIÓN DEFINITIVA do contrato para a execución das obras de referencia á empresa DRAGADOS, SA, nos mesmos termos que se reflicten no acordo de adxudicación provisional adoptado na Xunta do Goberno Local de data 17.11.2009.
O contrato formalizarase en documento administrativo dentro do prazo de 10 días hábiles a contar desde o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva.
Data de publicación da adxudicación definitiva na web: 19.12.2009.