Atención ao público nas actividades da área de Cultura

A Comisión executiva do organismo autónomo local Auditorio de Galicia na sesión de 10 de xuño de 2011, acordou a ADXUDICACIÓN DEFINITIVA do Servizo de Atención ao Público das actividades da Área de Cultura do Concello de Santiago de Compostela por importe de: 16.450,00 € (dezaseis mil catrocentos cincuenta euros) no monto correspondente ao servizo a prestar na Zona "C" e coas seguintes contías para os prezos unitarios: A1, 51,52 € (cincuenta e un euros con cincuenta e dous céntimos); A2, 49,00 € (cuarenta e nove euros); B1, 26,36 € (vinteseis euros con trinta e seis céntimos); B2, 25,27 € (vintecinco euros con vintesete céntimos); C1, 10,00 € (dez euros) e C2, 10,00 € (dez euros) á empresa HEIMA TOURS.

O contrato formalizarase en documento administrativo dentro do prazo de 15 días hábiles a contar desde o seguinte ó da notificación.

Número de expediente municipal

Auditorio de Galicia

Estado de la contratación

Adxudicacion definitiva

Data de presentación de propuestas

PRAZO E PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Auditorio de Galicia (Avda. Burgo das Nacións s/nº, CP 15705 Santiago-A Coruña), de 9.00 a 14.00 h, dentro do prazo de 15 días naturais a contar desde o día seguinte á data de publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Compartir: