Los avisos sirven para dar a conocer los comunicados de carácter urgente, licitaciones abiertas, calles cortadas al tráfico y desvíos alternativos.



MOBILIDADE

Publícase a lista de tarxetas de residente que non foron renovadas

O Boletín Oficial da Provincia de hoxe, xoves 7 abril, publica a resolución da Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá na que se recolle a lista de cidadáns cuxa tarxeta de residente para aparcamento nas zonas verdes e zonas azuis O.R.A. da cidade non foi renovada por non cumprir os requisitos esixidos. Entre as razóns polas que unha tarxeta de residente pode ser dada de baixa atópanse que a persoa non estea inscrita no Padrón municipal de habitantes, un cambio de vehículo ou que non se teña abonado a tarifa anual.

Os afectados que se enumeran na resolución poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo DUN MES a partir desta notificación, ou ben impugnalo directamente, no prazo de DOUS MESES directamente ante o Xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela sito no edificio dos Xulgados, rúa Viena, s/n - Fontiñas.

De presentar recurso de reposición, o prazo para recorrer en vía contencioso-administrativo será de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel no que o recurso de reposición debe entenderse presuntamente rexeitado.

OBRAS

Comezo do acondicionamento do aparcadoiro de Triacastela

Santiago de Compostela.- 2 de abril de 2022. A próxima semana levaranse a cabo os traballos de acondicionamento do firme do aparcadoiro de Triacastela mediante estendido e nivelación con saburras.

Xa se procedeu á colocación de valado informativo coa intención de poder dispoñer dos terreos libres de vehículos a partir do luns, 4 de abril. Estímase unha duración de 2-3 días, polo que se agarda volver permitir o acceso a finais da próxima semana.

O Concello prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

TRÁFICO

Reapertura ao tráfico do acceso á rua dos Concheiros desde a rúa de San Pedro

O acceso pola rúa de San Pedro volve estar aberto ao tráfico de igual forma que estaba antes do comezo das obras de Concheiros. Esta decisión tomouse tras a preparación e a revisión da zona así como a apertura a modo de proba que se levou a cabo na xornada de onte, 31 de marzo.

Poderán acceder ata a Cruz de San Pedro e circular por Concheiros os residentes da zona 3 de San Pedro e a carga e descarga ata as 10:30 h.

Non se poderá xirar cara á rúa da Angustia, por continuar esta co sentido de circulación invertido, nin tampouco á rúa do Home Santo a través desta vía, polo que o acceso a estas rúas deberá facerse dende a rotonda da avenida Rodríguez Viguri.

Os vehículos que saian pola rúa do Campo do Forno deberán circular cara a Cruz de San Pedro.

Para entrar á rúa dos Lagartos dende San Pedro a circulación deberá seguir como ata o de agora: calzada de San Pedro e campo de Santo Antonio.

Á rúa das Fráguas seguirase entrando dende a rúa Costa do Veedor.

O Concello prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa do Pombal

Por motivo das obras de arranxo do muro da rúa Pombal, a partir do luns 24 de xaneiro de 2022, a circulación rodada pola citada rúa quedará cortada en sentido de entrada á cidade mentras duren as obras. De forma puntual e se as necesidades de execución da obra o requiren, o corte podería afectar a ámbolos sentidos de circulación.

Por esta circunstancia, a circulación procedente da rúa Galeras, así como a procedente da rúa das Hortas será desviada cara a rúa Poza de Bar / San Lourenzo.

A circulación pola rúa do Campiño da Ferradura quedará pechada ao tráfico, polo que o tráfico procedente da Avenida de Compostela deberá continuar cara a rúa Galeras ou rúa Poza de Bar.

Os accesos ao aparcadoiro de San Clemente e a zona de estacionamento en superficie de San Clemente non se verán afectados.

Transporte público

Debido ao peche ao tráfico en sentido subida da rúa do Pombal, as liñas indicadas a continuación realizarán os seguintes percorridos alternativos a partir do vindeiro luns día 24 de xaneiro, e durante o tempo que duren as obras:

*Liña 4, traxecto Romaño – As Cancelas.
*Liña 9, traxecto Casas Novas – Cidade da Cultura.
*Liña C4, circulando desde Galeras a hospitais.
*Liña P1, traxecto Folgoso – San Caetano.
*Liña P7, traxectos desde Grixoa, Peregrina e Pardaces a Porta do Camiño e San Caetano.

Estas liñas nos traxectos indicados desviaranse por Poza de Bar, avda. das Burgas, avda. da Coruña e Rosalía de Castro.

Paradas suprimidas:

Quedará suprimida a parada 553, San Clemente (Alameda, en sentido a Senra) para todas esas liñas, e a maiores, a parada 113, Xoán Carlos I (igrexa do Pilar) para a liña C4.

Paradas alternativas no desvío:

- As liñas 4, 9, P1 e P7 realizarán como parada alternativa a 112, situada na avda. Xoán Carlos I, sentido Senra.
- A liña C4 realizará a parada 78, avda. da Coruña (cruce Feáns).

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa Nova a partir do luns 14 de febreiro

A partir do próximo luns, 14 de febreiro, quedará cortada ao tráfico, polo prazo dun mes, a Rúa Nova no tramo comprendido entre a rúa Tras Salomé e a rúa Xelmírez por mor dos labores de mantemento e reparación dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Sábado, 14 de agosto: ampliación de horario no servizo de transporte público á Cidade da Cultura por mor da vacinación

O servizo na liña 9 á CDC verá ampliado o seu horario con motivo da campaña de vacinación que se leva a cabo nas instalacións.

Os horarios para o sábado 19 e o domingo 20 de febreiro.

Saídas de Casas Novas á Cidade da Cultura: de 8:30 a 15:30 (cada 60')

Saídas da Cidade da Cultura a Casas Novas: de 9:00 a 16:00 (cada 60')

Documentos relacionados

MOBILIDADE

Corte de tráfico na corredoira das Fraguas

No marco das obras na rúa dos Concheiros, será preciso pechar ao tráfico o tramo da corredoira das Fraguas situado entre a costa do Vedor e a propia rúa dos Concheiros a partir do martes 25 de xaneiro.

Por este motivo, cambia de sentido a corredoira das Fraguas (os vehículos circularán cara á rúa do Campo de Santo Antonio). O acceso á rúa dos Concheiros farase dende a rúa do Home Santo e rúa da Angustia, que cambia de sentido, cara á Cruz de San Pedro.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Ábrese o prazo para aboar a taxa anual das tarxetas de municipio

A Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá do Concello de Santiago informa de que, dende o 17 de xaneiro e ata o 18 de febreiro de 2022, estará aberto o prazo para o abono da taxa anual das tarxetas de municipio (rotuladas cun L).

O importe é de 50€ e o pagamento efectuarase nas oficinas de TUSSA (Estación Intermodal, rúa Clara Campoamor) de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 16,30 a 20,30 horas.

A persoa interesada deberá acreditar a titularidade da tarxeta con DNI, tarxeta de residencia ou pasaporte. No suposto de actuar por representación, esta deberá acreditarse achegando fotocopia da identificación do representante e autorización asinada pola persoa representada.

MOBILIDADE

Corte de tráfico nas rúas Lagartos,Triacastela e Calzada de Santo Antonio

A partir do 13 de decembro de 2021 pecharanse ao tráfico as rúas de Lagartos, Triacastela e a Calzada de Santo Antonio, durante dúas semanas, para levar a cabo os traballos de canalización de fibra óptica. Permitirase o acceso aos garaxes.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Comprobación de tarxetas de aparcamento para residentes

Tras a autorización para a posta en marcha dos vehículos de control do estacionamento, que teñen por obxecto mellorar a ordenación e regulación do tráfico na cidade e garantir o cumprimento das normas relativas ao reparto equitativo das prazas de aparcamento, o Concello recomenda á cidadanía que, no caso de dispor dunha tarxeta de residente, comprobe se mantén as condicións recollidas na ordenanza establecida a tal efecto polas cales se lle otorgou o devandito documento.


Compartir: