Los avisos sirven para dar a conocer los comunicados de carácter urgente, licitaciones abiertas, calles cortadas al tráfico y desvíos alternativos.



MOBILIDADE

Corte ao tráfico da rúa Santiago de Guayaquil

O vindeiro mércores, día 24 de marzo, dende as 21,00 ata as 24,00 horas, a rúa de Santiago de Guayaquil quedará cortada ao tráfico por mor do arranxo dunha arqueta. Péchase, polo tanto, a subida de vehículos a esta rúa e desvíase a circulación cara ao Ensanche pola avenida de Lugo.

Transporte urbano
Por mor deste corte, as liñas 7 e C11 realizarán os desvíos que se indican:

*Servizos afectados polo desvío:
-Liña 7: saídas de Aríns con destino Valle-Inclán ás 21:30 e 22:30.
-Liña C11: os pasos da liña por Curros Enríquez a partir das 21:00 e ata a finalización dos servizos do día (saídas da avda. do Camiño Francés a partir das 20:45)

*Desvío:
-Liña 7: desde Curros Enríquez desviarase por Bernardo Barreiro, avda. de Lugo e rúa do Hórreo.
-Liña C11: continuará pola avda. de Lugo para enlazar coa rúa do Hórreo.

*Paradas suprimidas:
-Parada 130, Bernardo Barreiro (instituto).
-Parada 226, Curros Enríquez.

Os autobuses realizarán como parada alternativa a situada na rúa do Hórreo, á altura do Parlamento.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corta da rúa da Rapa da Folla

Asunto: corte ao tráfico da rúa da Rapa da Folla

Dende o luns día 22 de marzo, ás 8:30 h. ata as 8:00 h. do xoves 25, a rúa da Rapa da Folla vai quedar cortada ao tráfico por mor das obras de reparación dos sumidoiros existentes. Esto supón que ademáis do corte da propia rúa, se corte tamén á circulación a rúa da Carreira do Conde, á que só poderán acceder os residentes e a carga e descarga, entrando e saíndo dende a rúa Xeneral Pardiñas.

Para acceder á rúa de Montero Ríos os vehículos deberán entrar dende a praza de Vigo e a rúa Nova de Abaixo.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte na rúa de San Lázaro

En relación coas obras do Camiño de Santiago no treito de San Lázaro, a empresa encargada da execución vai proceder a realizar o asfaltado da calzada no tramo comprendido entre a Ponte de San Lázaro e a rotonda que dá acceso ao Pazo de Congresos nas noites do domingo 21 ao luns 22 e de luns 22 a martes 23. Isto conleva que a primeira noite este tramo quede cortado ao tráfico dende as 23,30 a 6,00 horas. Na noite do luns, o peche será dende as 22,00 ás 6,00.

A circulación desviarase polas rúas de Miguel Ferro Caaveiro e Fernando Casas Novoa, rúa das Estrelas e Costa de San Marcos.

Transporte público

Por mor deste corte a liña 6 realizará o seguinte desvío:

*Servizos da liña 6 afectados: os que pasan pola zona comprendidos entre as 22:00 do luns 22 e a finalización do servizo dese día. Os servizos de inicio da liña a partir das 6:00 do martes 23 poderán realizar o itinerario habitual sen desvíos.

*Sentido San Marcos e Aeroporto: desde a rúa de San Lázaro, os autobuses desviaranse pola rúa Miguel Ferro Caaveiro (Pazo de Congresos), rúa das Estrelas (acceso pola rotonda baixo a SC-20) e rúa de San Martiño, para enlazar co seu itinerario habitual ao inicio da costa de San Marcos.

Queda suprimida a parada 396, Ponte de San Lázaro, sentido de subida a San Marcos. Parada alternativa máis próxima: rúa de San Lázaro, no desvío ao Palacio de Congresos.

*Sentido centro - Os Tilos: con itinerario habitual ata a parada do hotel Santiago Apóstolo. Desde aí desviaranse pola rúa de San Martiño, rúa das Estrelas e rúa Miguel Ferro Caaveiro (Pazo de Congresos), retomando o itinerario habitual na rúa de San Lázaro.

Queda suprimida a parada 385, Ponte de San Lázaro, sentido centro. Parada alternativa máis próxima: rúa de San Lázaro, museo Pedagóxico.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na avenida de Fernando de Casas Novoa

O mércores 17 e o xoves 18 de marzo a avenida de Fernando de Casas Novoa vai quedar cortada ao tráfico, no tramo comprendido entre a rotonda situada xunto ao edificio municipal do Cersia e a rotonda situada a carón do Hotel Puerta del Camino, por mor das obras de fresado e novo aglomerado deste viario.

Nestes dous días, para acceder ao estadio Verónica Boquete haberá que empregar a rúa de Miguel Ferro Caaveiro ou acceder dende a rotonda inferior da SC-20 e seguir polo último tramo da avenida de Fernando Casas Novoa, que estará aberto á circulación.

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Orde do día da Xunta de Goberno Local prevista para o 8 de febreiro

Aqui podes descargar a orde do día da Xunta de Goberno Local prevista para o luns 8 de febreiro, ás 10:00 h.

Direcciones relacionadas

PLENO

Orde do día do pleno extraordinario do sábado 30 de xaneiro

Convocatoria e orde do día do pleno extraordinario que se celebrará o vindeiro sábado 30 de xaneiro ás 10.00 h. Poderá verse por streaming.

Direcciones relacionadas

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Modificacións no tráfico por mor das obras na rúa Concheiros

A Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá, con motivo do próximo inicio das obras de remodelación da rúa Concheiros, recollidas dentro do programa de actuacións no Camiño Francés en Santiago de Compostela, informa do seguinte:

- Dende o luns 9 estanse levando a cabo os traballos de implantación da obra, colocación de valados e de sinais. Así mesmo, instalarase unha caseta de atención ao público na praza de San Pedro.

- Finalizados os devanditos traballos, está previsto que o luns 16 ás 8.00 h comece a obra e se fagan efectivos os cambios na circulación.

- Os desvíos provisionais durante as obras quedarán do seguinte xeito: só se admitirá a circulación rodada por Concheiros en sentido saída cara á avenida de Lugo, polo que o sentido de entrada desde Rodríguez de Viguri quedará anulado. Ademais, a rúa das Fraguas, de dirección única, cambiará de sentido de circulación, sendo agora de subida desde Quiroga Palacios ata a praza San Pedro.

- En cada tramo de obras, os traballos iniciaranse na beirarrúa impar, continuando despois pola parte central de calzada.

- En todo momento quedará habilitado o acceso peonil a portais e comercios, ben polas beirarrúas preexistentes, mediante pasarelas, ben polas beirarrúas novas en fase de pavimentos e acabados.

- Habilitarase o acceso de vehículos a garaxes segundo as fases de obra en execución. Os cortes no acceso necesarios temporalmente para a execución de obra serán comunicados con antelación

Cambios no transporte urbano
Veranse afectadas as liñas 9, 13 e C5 do transporte urbano. A liña 9 (traxecto Cidade da Cultura – Casas Novas), a liña 13 (traxecto Belvís – Xeneral Pardiñas) e a liña C5, en lugar de acceder á rúa dos Concheiros desviaranse desde a avda. Rodríguez de Viguri pola rotonda coa avda. do Camiño Francés, Ánxel Casal, Pastoriza e rúa San Roque, continuando desde aí cos seus itinerarios habituais.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas:
*196, Concheiros nº 39 (parada alternativa máis próxima para as liñas 9 e C5: rúa Berlín; para a liña 13: Avda. de Lugo nº 22).
*220, Cruceiro de San Pedro.
*154, Campo da Angustia.
*557, San Domingos de Bonaval (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).
*639, Valle Inclán (La Salle) (parada alternativa máis próxima: rúa de San Roque).

As tres liñas desviadas, cando circulen fóra do seu traxecto habitual, realizarán como parada alternativa a situada na rúa San Roque.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Control de aparcamento na zona 7 de residentes (San Lourenzo)

A Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadá comunica que, a partir do vindeiro luns 16 de novembro, comezará a controlarse o estacionamento, coa imposición das multas pertinentes, nas rúas de nova incorporación á zona 7 de residentes (San Lourenzo): Salvador Allende, Hortas, Calzada do Carme de Abaixo, Travesa do Carme de Abaixo, rúa do Carme de Abaixo, Campo das Hortas, Galeras e Entregaleras.

MOBILIDADE

Nova modificación nos aforos permitidos no transporte urbano (a partir do 10/11/2020)

Información sobre o aforo no transporte urbano.

Direcciones relacionadas


Compartir: