Los avisos sirven para dar a conocer los comunicados de carácter urgente, licitaciones abiertas, calles cortadas al tráfico y desvíos alternativos.



MOBILIDADE

Corte de tráfico en varias rúas da zona vella para a instalación de fibra óptica

A partir de hoxe, martes 4 de maio, pecharanse ao tráfico as rúas Algalia de Abaixo 18-19, Altamira, Casas Reais 29-42, Entremuros 27-28, ruela de Altamira, praza de San Fiz e rúa Truques coa rúa Algalia de Arriba durante dúas semanas cada unha delas para a execución de obras de canalización de fibra óptica.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico nas rúas Diego Bernal e Fontes de Sar

Do mércores 5 ao venres 7 de maio vaise proceder á reparación do firme nas rúas de Diego Bernal e das Fontes do Sar. Por este motivo, estes viarios, que unen a zona de Sar coas Fontiñas, estarán pechados ao tráfico.

Para o acceso dos vehículos particulares á Cidade da Cultura recoméndase o uso do enlace coa A-9.

Transporte urbano

*Liña 9: nas xornadas do mércores 5 e do xoves 6, permitiráselle o paso ao autobús para acceder á Cidade da Cultura. Quedará suprimida estes dous días a parada 324, multiusos Fontes do Sar. Desde a parada das piscinas, a liña accederá directamente á CDC.
O venres 7, a liña 9 non poderá acceder á rúa Fontes do Sar, co que o acceso á Cidade da Cultura o realizará a través da SC-20 e AP-9, nos dous sentidos de circulación da liña. Desde a rúa Londres, a liña tomará a SC-20 en sentido norte, accederá á AP-9 no enlace de San Lázaro e entrará na CDC a través da saída directa da AP-9.
Na Cidade da Cultura realizará as paradas habituais, tanto nas chegadas como na saídas desde alí, antes de coller novamente a AP-9 para voltar á rúa de Londres.
Quedarán suprimidas para a liña 9 na xornada do venres 7, as paradas 492 e 494 (rúa Fontes do Sar), 383 e 493 (Piscinas Fontes do Sar) e 324 (multiusos Fontes do Sar).

*Liña C5: o desvío terá lugar os tres días do corte, de mércores a venres.
Desde a rúa Ponte de Sar, ao non poder xirar cara Diego Bernal, continuará por Ponte de Sar, rúa de Sar, Curros Enríquez, Bernardo Barreiro, avda. de Lugo e retomará o seu itinerario na rúa de Londres.
Quedarán suprimidas as paradas 324 (multiusos Fontes do Sar), 383 (Piscinas Fontes do Sar) e 492 (rúa das Fontes do Sar).

*Liña C6: o desvío terá lugar os tres días do corte, de mércores a venres.
Desde a rúa París, ao non poder posteriormente acceder ás rúas Fontes do Sar e Diego Bernal, desviarase ao final de París á esquerda cara a rúa de Londres, accederá ao carril de servizo da SC-20 en sentido centro, avda. de Lugo, Bernardo Barreiro, Curros Enríquez, rúa de Sar e retomará o seu itinerario habitual na rúa Ponte de Sar.
Quedarán suprimidas as paradas 494 (rúa Fontes do Sar nº 4), 493 (Piscinas Fontes do Sar) e 324 (multiusos Fontes do Sar).

MOBILIDADE

Aparcamento permitido en Mazarelos o día 1 de maio e reforzo no transporte urbano

Esta sábado 1 de maio, día festivo, permitirase o aparcamento como nun día laborable, entre as 08:00 h. e as 14:00 h., nas rúas Travesa da Universidade, praza da Universidade, praza da Fonte Seca e praza e rúa de Mazarelos, coincidindo coa apertura do Mercado de Abastos.

Os días festivos non está permitida a presenza de vehículos nestas rúas, pero este sábado faise unha excepción para facilitar os labores de carga e descarga e a afluencia de consumidores á Praza de Abastos e aos comercios da contorna. Mantense tamén o horario, igual que en días laborables, de carga e descarga: de 07:00 h. a 12:00 h.

Reforzo no transporte urbano
O servizo de transporte urbano tamén ser verá reforzado este sábado nas seguintes liñas:

*Liñas 7, C5, C6, P1, P2, P3 e P5: funcionarán como un sábado laborable ata as 15:00. A partir desa hora terán o horario habitual de festivos.

As restantes liñas do transporte urbano contarán con horario de día festivo ao longo de todo o día.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Ponte Vella de Vidán

A partir das 9.00 horas do vindeiro xoves 29 de abril, e durante un prazo de 6 meses, a rúa da Ponte Vella de Vidán quedará pechada ao tráfico por mor da reparación da ponte sobre o río Sar. O corte conleva os seguintes cambios na circulación:
- Só poderán acceder dende a rotonda da avenida da Mestra Victoria Míguez os residentes na rúa da Ponte Vella.
- Os veciños de Amañecida, Santomil e da rúa da Igrexa serán desviados pola rúa de San Roque de Laraño, rúa da Cruz de Outenín e vial de Pardiñas para desembocar na Barcia (AC-543 Santiago-Noia). Este desvío aplicarase tamén á circulación que accede a Santiago dende o Casal de Laraño, ao transporte urbano e ao escolar.

Transporte urbano
Por mor deste corte a liña P2 realizará o seguinte desvío nos dous sentidos de circulación: desde a rotonda de Vidán, irá por AC-543 (estrada de Noia), rúa da Xunlla, Reibo e retomará o seu itinerario en Casal.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas (nos dous sentidos de circulación): rúa da Ponte Vella (paradas 477 e 478), Amañecida (paradas 38 e 39) e Laraño, igrexa (paradas 291 e 292).

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte ao tráfico na avenida de Lugo

Mañá, sábado 24 de abril, a partir das 8,00 horas, a empresa que está a executar as obras da avenida de Rodríguez de Viguri e da avenida de Lugo vai proceder ao asfaltado da nova rotonda situada no cruzamento desta última coa rúa de Londres. Por este motivo, a circulación de subida será desviada pola rúa de Londres e pola rúa de Berlín para volver a incorporarse de novo á avenida de Rodríguez de Viguri.

Transporte urbano

A parada 86 avda. de Lugo (cruce Quiroga Palacios) quedará temporalmente anulada. En determinados momentos ao longo da xornada, os autobuses das liñas 13 (sentido Belvís), C2 (sentido hospitais) e C11 (sentido Xeneral Pardiñas), non poderán acceder ao carril de servizo onde está situada a marquesiña da parada 86, polo que esta quedará anulada temporalmente. Os usuarios poden dirixirse á seguinte parada das liñas, situada na avda. de Lugo nº 151.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Cortes de tráfico en Ramón Cabanillas, Campo de Conxo, Concheiros e San Clemente

Corte na rúa de Ramón Cabanillas
O vindeiro sábado 17 de abril, dende as 8,00 ata as 12,00 horas, a rúa de Ramón Cabanillas vai quedar cortada ao tráfico por mor da reparación dos colectores de residuos soterrados. Neste tempo só se permitirá o paso aos garaxes da rúa, que se realizará dende a rúa da República Arxentina.

Corte de tráfico no Campo de Conxo
Continuando coas obras do Camiño de Santiago na zona de Conxo, a partir do vindeiro luns día 19 de abril, e durante un mes, a rúa do Campo de Conxo quedará cortada totalmente ao tráfico. Xa non poderán entrar nin saír vehículos dende a rotonda da avenida de Antón Fraguas.

O acceso para os residentes e para a carga e descarga desta rúa farase pola Benéfica de Conxo, dende a nova glorieta construída á altura de Televés, que tamén se utilizará para a entrada e saída da rúa da Fervenza e da travesa de Conxo. O desvío interior polas instalacións do Sergas para os residentes da rúa da Fervenza queda anulado.

Corte de tráfico na rúa Concheiros
No que respecta ás obras na rúa dos Concheiros, o luns 19 comeza a colocacións de instalación para os número pares, motivo polo cal se pechara tamén a rúa no sentido de circulación cara á avenida de Lugo. Permitirase o paso a residentes e carga de descarga.

Transporte urbano

Ao desvío que están a realizar as liñas 9, 13 e C5, súmase a liña C11 a partir do luns 19 de abril.

*Novo desvío na liña C11: desde Virxe da Cerca desviarase por San Roque, Basquiños, Pastoriza, Ánxel Casal e Rodríguez de Viguri, retomando o seu itinerario cara Fontiñas a partir da avda. de Lugo.
Paradas suprimidas: 397, Porta do Camiño; 511, rúa de San Pedro nº 58; 219, Cruceiro de San Pedro; 197, Concheiros nº 64.

Paradas alternativas no desvío: 572, San Roque / 367, Pastoriza nº 22 / 535, Rodríguez de Viguri. (Concheiros) (1) A liña C11 realizará a parada 535 nos dous sentidos de circulación da liña, tanto cando vai de Fontiñas a Xeneral Pardiñas, como cando ven desviada desde San Roque ata Fontiñas.

*Desvío actual nas liñas 9, 13 e C5, nos traxectos desde Fontiñas e avda. de Lugo en sentido Concheiros – Angustia – Bonaval: desvío pola avda. Rodríguez de Viguri, Ánxel Casal, Pastoriza e rúa de San Roque, continuando desde ahí cos seus itinerarios habituais.
Paradas suprimidas: 196, Concheiros nº 39; 220, Cruceiro de San Pedro; 154, Campo da Angustia; 557, San Domingos de Bonaval; 639, Valle Inclán (La Salle).

Paradas alternativas no desvío: 366, Pastoriza nº 103A. / 573, San Roque nº 21.

Corte na rúa de San Clemente
Dende o martes 20 ata o venres 30 de abril a rúa de San Clemente vai quedar cortada ao tráfico por mor da reparación da súa calzada. Os traballos realizaranse en dúas fases:

- A primeira fase a executar vai dende a entrada do aparcamento en superficie do Campo de San Clemente, que queda liberada, ata o cruzamento coa ruela de San Clemente. A este tramo, durante seis días, non poderá acceder ningún vehículo, co que se producirán os seguintes cambios:
* Eliminación da parada de taxi existente na avenida de Figueroa para situala na avenida de Xoán Carlos I, ocupando a metade do espazo dedicado a aparcamento de motos.
* Eliminación da carga e descarga da avenida de Figueroa e das dúas prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida situadas na avenida de Rodrigo de Padrón. Habilítase o dobre sentido de circulación na avenida de Figueroa para posibilitar a entrada ao parking soterrado, á Policia Nacional, Correos e ao Instituto de Bacherelato de Rosalía de Castro.

- A segunda fase, na que se manteñen os cambios antes mencionados, afecta á subida da rúa de San Clemente ata a avenida de Rodrigo de Padrón. O corte será só desta rampla, e a partir dese momento a circulación queda aberta no tramo anterior para os usuarios dos garaxes, do parking soterrado e para o instituto de FP.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte ao tráfico da rúa Raxeira

Mañá, xoves 15 de abril, dende as 22.00 horas, a rúa da Raxeira vai quedar cortada ao tráfico por mor dunha actuación de fibra óptica nunha arqueta situada no medio da calzada. Sinalizarase o corte no comezo da rúa e pecharase a mesma totalmente á altura do cruzamento coa rúa de Ponferrada.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte ao tráfico da rúa Fernando Casas Novoa

Dende o vindeiro mércores, día 7 de abril, e ata o luns 12, a avenida de Fernando Casas Novoa quedará cortada ao tráfico, no tramo comprendido entre a rúa da Canteira de Arriba e a rúa de Ceuta, por mor dunha acometida de Viaqua.

Poderán empregarse como rutas alternativas a rúa de San Lázaro ou a propia rúa da Canteira de Arriba e os accesos do estadio de San Lázaro Verónica Boquete.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

O 1 de abril, Xoves Santo, permitirase o aparcamento na contorna da Praza de Abastos

O mércores 1 de abril, día de Xoves Santo, permitirase o aparcamento como nun día laborable, entre as 08:00 h. e as 14:00 h., nas rúas Travesa da Universidade, Praza da Universidade, Praza da Fonte Seca e praza e rúa de Mazarelos, coincidindo coa apertura da Praza de Abastos.

Os días festivos non está permitida a presenza de vehículos nestas rúas. Pero o xoves faise unha excepción para facilitar os labores de carga e descarga e a afluencia de consumidores á Praza de Abastos e aos comercios da contorna. Mantense tamén o horario, igual que en días laborables, de carga e descarga: de 07:00 h. a 12:00 h.

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Reforzo do transporte urbano o Xoves Santo

O xoves 1 de abril, día festivo, o servizo de transporte urbano verase reforzado. As liñas 7, C5, C6, P1, P2, P3 e P5 funcionarán como un sábado laborable ata as 15:00 h. A partir desa hora terán o horario habitual de festivos.

As restantes liñas do transporte urbano contarán con horario de día festivo ao longo de todo o día.


Compartir: