Los avisos sirven para dar a conocer los comunicados de carácter urgente, licitaciones abiertas, calles cortadas al tráfico y desvíos alternativos.



MOBILIDADE

Horario de verán de atención presencial de Tussa

TUSSA informa: a partir do próximo día 14 de xuño de 2021 e con motivo do inicio do horario de verán, o horario de atención presencial nas oficinas situadas na Estación Intermodal (r/ Clara Campoamor) será o seguinte:

De luns a venres de 8:00 a 15:00 horas

Non obstante, para o horario de tarde, e para que este cambio non afecte á atención dos usuarios e usuarias tanto do servizo da ORA, como do transporte urbano de Santiago, seguirá préstandose atención telefónica para calquera incidencia ou información nos seguintes números de teléfono:

SERVIZO DA ORA: dentro do horario do servizo (en horario de tarde, de luns a venres de 16.30 a 20.30 horas e os sábados de 10 a 14 hora) no 981 568 106.

TRANSPORTE URBANO: 981 581 815

MOBILIDADE

Apertura ao tráfico do Campo de Conxo e corte na rúa dos Roláns

No marco da obra do Camiño de Santiago que afecta ao barrio de Conxo, vanse producir os seguintes cambios na circulación:

1. Está previsto que o vindeiro luns, 14 de xuño, durante a tarde, se abra á circulación a zona situada entre o Campo de Conxo e a nova rotonda de Televés. O ordenamento do tráfico será similar ao definitivo, unha vez rematen as obras:
- permitirase a circulación accedendo ao Campo de Conxo dende a SC-20 (rotonda de Conxo), sentido Benéfica de Conxo (rotonda Televés).
- Só se permitirá o acceso ao Campo de Conxo -SC-20 dende a nova rotonda de Televés a autobuses urbanos e vehículos autorizados.
- Os vehículos que accedan no medio do tramo polas rúas Fervenza e Travesía de Conxo de Abaixo deberán circular en sentido baixada cara á rotonda de Televés.

2. Adicionalmente, para continuar coa execución das obras, a partir do martes 15 pecharase ao tráfico a rúa dos Roláns no último tramo de acceso á Benéfica de Conxo. A duración estimada do corte é dun mes.

Transporte urbano
A zona do Campo de Conxo recuperará as liñas de transporte urbano habituais que circulan pola zona. Ao mesmo tempo, o corte na rúa dos Roláns afectará ás liñas 12, C2 e C4:

NOVOS DESVÍOS A PARTIR DO MARTES 15/6:
*Liña 5 (nos dous sentidos de circulación): a liña 5 recupera o seu itinerario habitual pola zona de Benéfica e Campo de Conxo.

*Liña 12 (traxecto Os Tilos – hospital Provincial): despois da rotonda da Cantaleta, accederá á rotonda de Volta do Castro, continuando á dereita por rúa Volta do Castro, Torrente, e recuperando o seu itinerario habitual en Benéfica e Campo de Conxo.

Na saída do hospital Clínico, realizará como parada alternativa a 542, rúa Volta do Castro (centro comercial), a que está en sentido de saída da cidade.

Paradas suprimidas: 543, Volta do Castro nº 35 / 685, Feliciano Barrera Fernández (aparcadoiro) / 283, Ildefonso Sánchez Mera

*Liña C2: desde a rotonda de Conxo poderá continuar por Campo de Conxo e Benéfica, pero ao non poder acceder á rúa dos Roláns, continuará por Torrente, Volta do Castro e acceso ao hospital Clínico.

Paradas suprimidas: 284, Ildefonso Sánchez Mera / 684, Feliciano Barrera Fernández (aparcadoiro)

*Liña C4:

-Servizos con paso por Cantaleta: despois da rotonda da Cantaleta, accederá á rotonda de Volta do Castro, continuando á dereita por rúa Volta do Castro, Torrente, e recuperando o seu itinerario habitual en Benéfica e Campo de Conxo.

-Servizos sen paso por Cantaleta: despois da saída do hospital Clínico, desviarase por Volta do Castro, rotonda, Torrente, e recuperando o seu itinerario habitual en Benéfica e Campo de Conxo.

Nestas expedicións realizará como parada alternativa a 542, rúa Volta do Castro (centro comercial), a que está en sentido de saída da cidade.

Paradas suprimidas: 543, Volta do Castro nº 35 / 685, Feliciano Barrera Fernández (aparcadoiro) / 283, Ildefonso Sánchez Mera

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Ampliación de horario no servizo de transporte público á Cidade da Cultura (sábado 12 e domingo 13 de xuño)

O sábado 12 e o domingo 13 de xuño, o servizo na liña 9 á CDC verá ampliado o seu horario con motivo da campaña de vacinación que se leva a cabo na instalación. Consulten os servizos de transporte:

*Liña 9 (horarios para o sábado e o domingo):
Saídas de Casas Novas á Cidade da Cultura: de 8:30 a 21:30 (cada 60')
Saídas da Cidade da Cultura á Casas Novas: de 9:00 a 22:00 (cada 60')

*Liña C11 (horarios os sábados):
Prolongacións á Cidade da Cultura (horas aproximadas por Xeneral Pardiñas), 17:30 19:45 20:00

*Liña C11 (horarios os domingos e festivos):
Prolongacións á Cidade da Cultura (horas aproximadas por Xeneral Pardiñas), 10:30 13:30 17:25 20:05

MOBILIDADE

Corte de tráfico no ámbito das avenidas de Lugo e de Rodríguez de Viguri

No marco das obras da avenida de Lugo e de Rodríguez de Viguri, o vindeiro venres, 11 de xuño, dende as 15.30 horas, e o sábado, 12 de xuño, dende as 8.00 horas, vaise proceder co asfaltado dos carrís de baixada da avenida de Rodríguez de Viguri, o que provocará os seguintes cambios na circulación:
- o tráfico que suba pola avenida de Lugo será desviado na rotonda da rúa Londres para dirixirse cara á rúa de Lisboa.
- a baixada de vehículos pola avenida de Rodríguez Viguri desviarase na rotonda da antiga estación de autobuses polos carrís de subida entre esta rotonda e o nudo de Concheiros, volvendo a partir de aquí ao sentido de circulación normal.
- córtase a saída da rúa Monte dos Postes á avenida de Rodríguez de Viguri
- córtase tamén o acceso dende a rúa de Berlín cara ao nudo de Concheiros.

Transporte urbano
Con motivo destes traballos, varias paradas do transporte urbano quedarán anuladas na zona nas xornadas do venres 11 a partir das 15:30 e do sábado 12 a partir das 8:00. Poden consultarse neste enlace

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa de Poza de Bar

Mañá, sábado 5 de xuño, en horario de 07:00 a 12:00 horas, pecharase ao tráfico a rúa de Poza de Bar, no cruzamento coa rúa do Campo do Cruceiro do Gaio, por mor da instalación dun guindastre para unha obra particular.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Prohibición de aparcamento na rúa de Vedra o venres 4 de xuño

Mañá, venres 4 de xuño, quedará prohibido o estacionamento na rúa de Vedra, marxe esquerda, por mor da limpeza do muro de peche da parcela da estación de ferrocarril dende as 8,00 horas ata o remate dos traballos.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Acibechería para a instalación de fibra óptica

A partir do mércores 26 de maio e durante dúas semanas pecharase ao tráfico a rúa da Acibechería para a execución de obras de canalización de fibra óptica.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa Berna

O vindeiro martes 25 de maio, dende as 8,00 ata as 9,00 horas, o tramo da rúa Berna comprendido entre as rúas de París e de Madrid vai quedar cortado ao tráfico debido ao arranxo dunha arqueta situada na calzada.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa Abril Ares para a instalación de fibra óptica

A partir de mañá, xoves 20, pecharase ao tráfico ao rúa de Abril Ares durante dúas semanas para a execución de obras de canalización de fibra óptica.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa de Rodríguez de Viguri

Seguindo coas obras do Camiño de Santiago que se están a executar no cruce de Concheiros, o vindeiro sábado 8 de maio, dende as 8,00 ata as 19,00 horas, a avenida de Rodríguez de Viguri vai quedar cortada ao tráfico en sentido subida. A circulación será desviada na nova rotonda da avenida de Lugo cara á rúa de Londres e rúa de Lisboa, para incorporarse de novo a Rodríguez de Viguri a través da rúa do Montes dos Postes ou da avenida do Camiño Francés.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.


Compartir: