Los avisos sirven para dar a conocer los comunicados de carácter urgente, licitaciones abiertas, calles cortadas al tráfico y desvíos alternativos.



MOBILIDADE

Cambio de sentido na rúa dos Castiñeiros

A partir de mañá, mércores 29 de maio, a rúa dos Castiñeiros sufrirá un cambio de sentido na circulación debido a varias cuestións relacionadas co tráfico da zona de San Francisco. Deste xeito, a entrada a esta rúa farase a través da avenida de Xoán XXIII en sentido de baixada, con saída polas rúas de Pelamios e Morón.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Silvouta (dende o 20 de maio )

A partir do luns 20 de maio, por razóns de seguridade no tránsito durante as obras de construción da nova EDAR da Silvouta, pecharase á circulación un tramo da rúa da Silvouta, perpendicular á rúa das Pedreiras. Este corte súmase ao xa existente desde o pasado 2 de abril no último tramo da rúa das Pedreiras, o máis próximo á zona da actuación.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa de Vite de Arriba (20 - 24 de maio)

Desde o luns 20 ata o venres 24 de maio, a rúa de Vite de Arriba quedará cortada ao tráfico por mor da realización de obras de canalización sobre a calzada. A rúa estará pechada á circulación cada día en horario de 8:00 a 20:00 horas. Debido a que a rúa vai quedar partida en dous, as persoas residentes deberán entrar e saír dende os seus extremos.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa de Vite de Abaixo (13-17 de maio)

Desde o luns 13 ata o venres 17 de maio, a rúa de Vite de Abaixo á altura do número 41, quedará cortada ao tráfico por mor da realización de obras de canalización sobre a calzada. A rúa estará pechada á circulación cada día en horario de 8:00 a 20:00 horas. Debido a que a rúa vai quedar partida en dous, as persoas residentes deberán entrar e saír dende os seus extremos.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Algalia de Arriba (dende o 2 de abril)

A partir do martes 2 de abril producirase o corte da rúa da Algalia de Arriba durante cinco semanas para executar os traballos de mantemento e reparación do pavimento. Permitirase o acceso peonil.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na zona da Silvouta (dende o 2 de abril)

A partir do martes 2 de abril, por mor das obras de construción da nova EDAR da Silvouta, pecharase á circulación o último tramo da rúa das Pedreiras, o máis próximo á zona da actuación. Esta rúa une os lugares de Laraño e Silvouta, polo que para circular entre os dous puntos deberá empregarse a AC-543. A duración do corte estímase que sexa dun ano.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Acibechería (a partir do 14 de febreiro)

A partir do mércores 14 de febreiro, a rúa da Acibechería quedará cortada ao tráfico por mor dos traballos de mantemento e reparación do pavimento da súa calzada, que terán unha duración estimada de tres semanas.

O corte da rúa levarase a cabo en dúas fases. A primeira comprende o tramo entre o entroncamento coa rúa Vía Sacra e a praza da Inmaculada, polo que quedará prohibida a circulación de baixada dende a praza de Cervantes.

A segunda fase executarase no tramo entre a praza de Cervantes e o cruzamento coa rúa Vía Sacra, polo que os vehículos que proveñan desta rúa deberán saír pola praza da Inmaculada.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa dos Caraveis (a partir de 29 de xaneiro)

A partir de hoxe, 29 de xaneiro, a rúa dos Caraveis vai quedar cortada ao tráfico no tramo de subida que vai desde a rúa da Ponte Nova de Vidán ata o camiño Real de Vidán por mor dun corremento de terras que afecta ao noiro que sustenta este vial na súa pendente.

Co obxectivo de garantir a seguridade, o Concello de Santiago limitará a circulación de vehículos ata a súa estabilización. Ata ese momento a veciñanza da zona afectada deberá realizar a entrada e saída pola rúa de Vidán, situada ó final da avenida da Mestre Victoria Míguez, antes da rotonda.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rotonda da avda. de Lugo coa SC-20 (a partir do 29 de xaneiro)

A partir das 11:00 horas do vindeiro luns 29 de xaneiro, o ramal de baixada dende a rotonda da avenida de Lugo cara a SC-20, sentido San Lázaro-Polígonos, vai quedar cortado ao tráfico debido ás obras de instalación de pantallas acústicas que está a executar a empresa Dragados para ADIF e que teñen unha duración prevista de dous meses e medio.

Este corte vai implicar os seguintes desvíos:

Os vehículos que circulen baixando pola avenida de Lugo e queiran acceder á SC-20, deberán facelo pola rotonda desta avenida coa rúa de Londres, e circular por esta vía ata chegar á rúa de Roma, e alí enlazar coa rotonda existente nesta vía e incorporarse á SC-20.

Da mesma maneira os vehículos que circulen sentido subida pola avenida de Lugo, deberán empregar a mesma rotonda e baixar pola rúa de Londres e realizar o mesmo circuíto para incorporarse á SC-20.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.


Compartir: