Bases do concurso de balcóns

Flores na cidade


Primeira.- Con este concurso, convocado polas Concellarías de Medio Ambiente e Cidade Histórica, preténdese chamar a atención sobre os beneficios socioambientais da recuperación dos balcóns como elementos vivos do casco vello, porque detrás de cada balcón ornamentado existe unha contribución cidadá á mellora estética dunha rúa ou edificio, á mellora da calidade ambiental e, sobre todo, á mellora da relación veciñanza-contorna urbana a través dunha achega artística persoal nun espazo privado para goce visual da veciñanza e das persoas que visitan a cidade.

Segunda.- Co obxectivo de fomentar a participación no Concurso, a Concellaría de Medio Ambiente organiza un CURSIÑO DE INTRODUCIÓN AO CULTIVO DE PLANTAS E DECORACIÓN DE BALCÓNS que terá lugar o xoves, 19 de maio, ás 19 h. no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (Parque de Belvís, www.ciac-compostela.org).
O número de prazas é limitado, máximo de 40, e cubriranse por orde de inscrición.
As inscricións no cursiño poden formalizarse a partir do 12 de maio por correo electrónico, ciac@santiagodecompostela.gal, ou fax, 981 543 146.
O cursiño terá unha duración de 2 horas e inclúe unha breve visita guiada ás instalacións do Centro de Interpretación Ambiental.
Imparte o cursiño D. Manuel Ángel Rodríguez Teijo, enxeñeiro agrónomo con máis de 30 anos de experiencia e director xerente do viveiro Hortival.

Terceira.- Poderán participar no III Concurso de Balcóns todas as persoas titulares ou arrendatarias de vivendas con balcón que reúnan as condicións necesarias para ser decorado sen que isto supoña ningún perigo para a súa integridade nin para a dos viandantes que se encontren na Cidade Histórica.
Non poderán participar no concurso as administracións e empresas públicas.

Cuarta.- O concurso terá lugar do 6 ao 30 de xuño de 2011. Aos participantes facilitaráselles un distintivo que terá que exhibirse nun lugar visíbel en todos os balcóns que participen no Concurso.

Quinta.- O prazo de participación no concurso abranguerá do 6 ao 30 de xuño de 2011. Nese período o balcón terá que permanecer decorado de xeito que a organización poida realizar en calquera momento a fotografía do balcón co se participa no concurso. Todas as fotografías así como a recollida de imaxes por calquera outro medio serán propiedade exclusiva da organización. As fotografías hanse expoñer na web www.santiagodecompostela.gal

Sexta.- As inscricións no concurso terán que realizarse entre o 18 e o 31 de maio por algúns destes procedementos:
  • Correo electrónico, no seguinte enderezo: medioambiente@santiagodecompostela.gal
  • Entregalas persoalmente no Centro de Interpretación de Parques e Xardíns da Alameda, de luns a venres en horario de 12:00 a 14:00 h.
    • Nas inscricións do concurso hai que achegar a seguinte documentación e información:
      • Nome e número de DNI do/a concursante
      • Número de teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico se o ten
      • Situación exacta do balcón que se presente a concurso con todos os datos para a súa perfecta localización.

      Sétima.- O xurado realizará a avaliación dos balcóns do 4 ao 8 de xullo. O fallo do xurado darase a mediados de xullo e os premios entregaranse nun acto convocado ao efecto.

      Oitava.- O xurado poderá ter en contra, entre outros, os seguintes criterios:
      • O estado de conservación e mantemento do balcón
      • A orixinalidade da ornamentación
      • A harmonía no crecemento das plantas
      • A combinación de cores
      • A variedade, calidade e perdurabilidade dos elementos vexetais
      • A innovación de especies e elementos accesorios

      Novena.- O xurado estará formado por:
      • As concellarías-delegadas de Medio Ambiente e Cidade Histórica
      • Un/ha técnico do Departamento de Cidade Histórica
      • Dous técnicos dos Departamentos de Parques e Xardíns e Medio Ambiente.
      O fallo do xurado será inapelábel. O xurado poderá declarar desertos todos os premios ou algúns deles en caso de non reunir a calidade suficiente.

      Decima.- Establécense os seguintes premios:
      • 1º premio. Diploma, plantas e materiais de xardinería por valor de 200 €
      • 2º premio. Diploma, plantas e materiais de xardinería por valor de 100 €
      • 3º premio. Diploma, plantas e materiais de xardinería por valor de 50 €
      • Premio do público. Diploma, plantas e materiais de xardinería por valor de 75 € ao balcón que máis votos acade. Os votos emitiranse a través da páxina web do 1 ao 7 de xullo.
      Os premios entregaranse en acto público convocado ao efecto.

      Undécima.- O feito de participar no Concurso implica o coñecemento e aceptación de todas e cada unha destas bases.
      Compartir: