SISTEMA DE SOLICITUDE DE CITA PREVIA

O novo sistema de cita previa e xestión de quendas do Concello permite solicitar cita previa de xeito telemático nas principais oficinas do Concello.

Pode atopar a información xeral nesta páxina, e máis detalles na seguinte presentación:

Manual do sistema de cita previa

CANLES PARA SOLICITAR CITA PREVIA


A cita previa pode solicitarse a través das seguintes canles:

a) Desde calquera ordenador, tableta ou teléfono móbil, a través da páxina web de cita previa do portal municipal:

https://citaprevia.santiagodecompostela.gal
b) A través da webapp de cita previa, á que se pode acceder a través do código QR que aparece máis abaixo. Esta webapp permite ademais utilizar outras funcionalidades, como por exemplo, informar á oficina da súa chegada (CHECK-IN).

Xosé Antonio Sánchez Bugallo

c) A través dun sistema de resposta telefónica automática (IVR), chamando ao número de teléfono seguinte:

881 50 51 07

d) Chamando por teléfono á oficina para a que quere pedir cita (ver máis abaixo).

PASOS A SEGUIR PARA UTILIZAR CITA PREVIA


- Paso 1. Solicitar a cita previa nunha Oficina municipal, para un determinado trámite e un día e hora concretos. (Pode facelo a través dalgunha das canles antes indicadas).</li>
- Paso 2. Ao chegar á oficina no día e hora sinalados, informar da súa chegada (CHECK-IN). Pode facelo a través da webapp usando o código QR que atopará na entrada da oficina, ou utilizando o posto dispensador de quendas dispoñible na propia oficina.
- Paso 3. Esperar a que se lle chame e se lle indique o número de mesa que ten asignado. O aviso chegará directamente ao móbil se optou por esta opción, polo que non será necesario esperar no interior das oficinas.

Nota: En breve se engadirá a opción de ser atendido por vídeochamada para algúns trámites.

OFICINAS CO NOVO SISTEMA DE CITA PREVIA


- OFICINA DE ATENCIÓN Á CIDADANÍA
* Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende 4, baixo
* Número de teléfono: 881 505 107

- REXISTRO XERAL (OFICINAS DA RÚA GALERAS)
* Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende 4, baixo
* Número de teléfono: 981 543 122

- REXISTRO AUXILIAR DO ENSANCHE (OFICINAS DO ENSANCHE)
* Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo
* Número de teléfono: 981 543 001

- OFICINA DE ATENCIÓN AO CONTRIBUÍNTE
* Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende 4, baixo
* Número de teléfono: 881 599 977 / 981 542 384

- PADRÓN DE HABITANTES
* Enderezo: Praza do Obradoiro 1, (acceso pola Praza de Raxoi)
* Número de teléfono: 981 542 318

- REXISTRO E INFORMACIÓN DE URBANISMO
* Enderezo: Praza do Obradoiro 1, 2º andar
* Número de teléfono: 981 542 420

- TRÁFICO
* Enderezo: Praza do Obradoiro 1, (acceso pola Costa do Cristo)
* Número de teléfono: 981 542 321

Nota: O departamento de Benestar Social dispón da súa propia xestión de cita previa.


Compartir: