SISTEMA DE SOLICITUDE DE CITA PREVIA
O novo sistema de cita previa e xestión de quendas do Concello permite solicitar cita previa de xeito telemático nas principais oficinas do Concello.Pode atopar a información xeral nesta páxina, e máis detalles na seguinte presentación:
Manual do sistema de cita previa
Importante: En beneficio de todos, prégase que anule a súa cita se non vai facer uso dela, co obxecto de proporcionarlle a mesma a outra persoa que a necesita.
CANLES PARA SOLICITAR CITA PREVIA
A cita previa pode solicitarse a través das seguintes canles:
1.- TRÁFICO, ATENCIÓN AO CONTRIBUÍNTE E URBANISMO
a) Desde calquera ordenador, tableta ou teléfono móbil, a través da páxina web de cita previa do portal municipal:
https://citaprevia.santiagodecompostela.gal
b) A través da webapp de cita previa, á que se pode acceder a través do código QR que aparece máis abaixo. Esta webapp permite ademais utilizar outras funcionalidades, como por exemplo, informar á oficina da súa chegada (CHECK-IN).
c) A través dun sistema de resposta telefónica automática (IVR), chamando ao número de teléfono:
881 50 51 07
d) Chamando por teléfono á oficina para a que quere pedir cita (ver máis abaixo).
2.- SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE (CIM)
a) Desde calquera ordenador, tableta ou teléfono móbil, a través da páxina web de cita previa do portal municipal:
https://citapreviass.santiagodecompostela.gal
b) Por teléfono, chamando ao número .... e escollendo a opción:
- ..... para cita en Servizos Sociais 981 542465, elixir opción 2 e a continuación a opción 1
- ..... para cita en Igualdade CIM 981 542467, elixir opción 3 e a continuación a .opción 1
PASOS A SEGUIR PARA UTILIZAR CITA PREVIA
A) TRÁFICO, ATENCIÓN AO CONTRIBUÍNTE E URBANISMO
- Paso 1. Solicitar a cita previa nunha Oficina municipal, para un determinado trámite e un día e hora concretos. (Pode facelo a través dalgunha das canles antes indicadas).
- Paso 2. Ao chegar á oficina no día e hora sinalados, informar da súa chegada (CHECK-IN). Pode facelo a través da webapp usando o código QR que atopará na entrada da oficina, ou utilizando o posto dispensador de quendas dispoñible na propia oficina.
- Paso 3. Esperar a que se lle chame e se lle indique o número de mesa que ten asignado. O aviso chegará directamente ao móbil se optou por esta opción, polo que non será necesario esperar no interior das oficinas.
Nota: En breve se engadirá a opción de ser atendido por vídeochamada para algúns trámites.
B) SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE (CIM)
a) Desde calquera ordenador, tableta ou teléfono móbil, a través da páxina web de cita previa do portal municipal: https://citapreviass.santiagodecompostela.gal
b) Por teléfono, chamando ao número .... e escollendo a opción:
- ..... para cita en Servizos Sociais 981 542465, elixir opción.2 e a continuación a opción 1
- ..... para cita en Igualdade CIM 981 542467, elixir opción.3 e a continuación a opción 1
OFICINAS CO NOVO SISTEMA DE CITA PREVIA
- OFICINA DE ATENCIÓN AO CONTRIBUÍNTE
* Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende 4, baixo
* Número de teléfono para cita previa: 981 542 384
- REXISTRO E INFORMACIÓN DE URBANISMO
* Enderezo: Praza do Obradoiro 1, 2º andar
* Número de teléfono para cita previa: 981 542 420
- TRÁFICO
* Enderezo: Praza do Obradoiro 1, (acceso pola Costa do Cristo)
* Número de teléfono para cita previa: 881 505 107
- SERVIZOS SOCIAIS
* Enderezo: Rúa Isaac Díaz Pardo, 2-4
* Número de teléfono para cita previa: 981 542 465 elixir opción 2 e a continuación a opción 1
- IGUALDADE (CIM)
* Enderezo: Rúa Isaac Díaz Pardo, 2-4
* Número de teléfono para cita previa: 981 542 467.elixir opción 3 e a continuación a opción 1
PARA CALQUERA OUTRA OFICINA MUNICIPAL:
Para pedir cita previa en calquera outra oficina, pode contactar co número de teléfono que
consta neste directorio.