Solicitude de acceso puntual á zona monumental

Descrición

O acceso á zona monumental (fóra do horario de carga e descarga de 7 a 10:30 horas) poderá solicitarse no enlace Solicitude de paso e parada de vehículos no casco histórico, antes das 12:00 horas do día laborable anterior. O acceso só está permitido nos casos debidamente xustificados e por un tempo máximo de 20 minutos. Deberán alegar a causa polo que solicitan o permiso e cubrir os campos que procedan.

Tamén poderán solicitar ó acceso de paso e parada á zona monumental a través do correo electrónico: dptotrafico@santiagodecompostela.gal, indicando o motivo da entrada, dirección, hora e matrícula do vehículo.

As peticións a través de correo electrónico só serán atendidas en horario laboral, de luns a venres de 9 a 14 horas e deberán remitirse antes das 12:00 horas do día laborable anterior.

Lémbrase que no horario de carga e descarga, de 7 a 10:30 horas, a entrada no casco histórico da cidade é de libre acceso, sen ser necesario para elo solicitar permiso algún.

Preséntase en

Tramítase en

Tráfico
Enderezo: Pazo de Raxoi, baixo. Entrada pola rúa Costa do Cristo.
Tel.: 981 542321
- No caso de requerir atención presencial farase exclusivamente mediante previa cita. A cita pode solicitarse a través da páxina https://citaprevia.santiagodecompostela.gal


Compartir: