Tarxetas de acceso e de estacionamento no Casco Histórico

Descrición

Son autorizacións expedidas polo Concello para que os cidadáns que cumpran os requisitos de residencia, razóns comerciais ou asistenciais poidan acceder a determinadas rúas da zona monumental ou estacionar nos horarios delimitados na zona que lle corresponda.

Notas para o cidadán

Normativa reguladora:
Normativa xeral. Tráfico e Policía. Decretos e acordos reguladores do acceso a zonas restrinxidas e de residentes

Normativa xeral. Tráfico e Policía. Ordenanzas e regulamentos

Pode descargar o impreso no catálogo de trámites da sede do Concello

Solicítase en

Atención á Cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.

A atención presencial na Oficina de Atención á Cidadanía realizarase sen cita previa e unicamente será necesario solicitar número ou quenda na máquina dispensadora de citas (situada na entrada da Oficina).
Os cidadáns poderán obter o seu número entre as 09:00 e ás 13:00 horas. Coincidindo co horario de verán o número máximo de citas diarias será de 40. De esgotarse o número de citas antes das 13:00 horas non procederá a atención ata a xornada hábil seguinte.
Cada quenda permitirá realizar un máximo de dous trámites. No caso de ter que facer máis de dous trámites, os interesados poderán obter os números que precisen.
Nesta oficina pode solicitar a información relativa aos trámites do Concello e recoller os impresos que se precisen.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Horario: Atención presencial: de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 horas.

A atención presencial no Rexistro Xeral realizarase sen cita previa e unicamente será necesario solicitar número ou quenda na máquina dispensadora de citas.
Os cidadáns poderán obter o seu número ou quenda das 09:00 ás 13:00 horas.
Cada quenda permitirá realizar un máximo de dous trámites. No caso de ter que facer máis de dous trámites, os interesados poderán obter os números que precisen.

Rexistro electrónico do Concello de Santiago en sede.santiagodecompostela.gal
Tamén pode presentar calquera documentación ou solicitude dirixida ao Concello de Santiago a traves da Red SARA

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A documentación relacionada co departamento de Atención ao Contribuínte só será recollida nese departamento.

O Rexistro Xeral NON recolle a documentación que se deba de presentar na oficina de Atención ao Contribuínte.

Para axilizar a tramitación de solicitudes relativas a temas urbanísticos e tributarios prégase a súa presentación nos rexistros auxiliares específicos.

Tramítase en

Tráfico
Enderezo: Pazo de Raxoi, baixo. Entrada pola rúa Costa do Cristo.
Tel.: 981 542321
- No caso de requerir atención presencial farase exclusivamente mediante previa cita. A cita pode solicitarse a través da páxina https://citaprevia.santiagodecompostela.gal

Formularios



Compartir: