Programa LIMIAR. Período extraordinario de inscrición (dende xuño 2020)

Descrición

PERÍODO EXTRAORDINARIO DE INSCRICIÓN

PROCEDEMENTO ABREVIADO
Co fin da elaboración de novas estratexias e programas de rehabilitación, así como da definición das próximas convocatorias de axudas á rehabilitación, e atendendo á actual situación de crise sanitaria, ábrese un período extraordinario cun procedemento abreviado de inscrición na listaxe municipal de propietarios de edificios residenciais implicados en actuacións para a súa rehabilitación - LIMIAR.

A inscrición realízase de xeito telemático a través do seguinte formulario:
Formulario procedemento abreviado de inscrición no LIMIAR

Documentación a presentar: (non é necesaria a súa presentación xunto co formulario, debendo aportarse en función da súa dispoñibilidade)

Remitirase en formato PDF ao enderezo electrónico: ocihr@santiagodecompostela.gal
• Acta ou certificado da xunta de propietarios que inclúa o compromiso de rehabilitación (Comunidade de Propietarios)
• Copia escaneada do documento que acredite a titularidade do edificio por parte do promotor da actuación..
• Orixinal dixital do Proxecto técnico das obras redactado por técnico competente ou memoria técnica, segundo o caso.
• Copia escaneada do orzamento ou orzamentos das actuacións, honorarios técnicos e administrativos.

ARTIGO 1.3 das Bases reguladoras da LIMIAR. "A inclusión dun edificio e os seus propietarios na Listaxe non representa directamente dereito a obter subvención ningunha, só o recoñecemento da súa implicación en función da cal establecerán os criterios de prelación para a adxudicación de axudas para actuacións de rehabilitación, coherentes coas consideradas nas presentes bases, segundo se regule nas súas correspondentes bases e convocatorias"

Folleto informativo

Solicítase en

Rehabilitación e Vivenda
Enderezo: Casas Reais,8-2º andar. Casa Elisa e Ximena
Tel.: 981 54 24 37
Tel. tramitación de subvencións: 981 542 419

Preséntase en

Tramítase en

Rehabilitación e Vivenda
Enderezo: Casas Reais,8-2º andar. Casa Elisa e Ximena
Tel.: 981 54 24 37
Tel. tramitación de subvencións: 981 542 419

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: