Programa educativo:

Descrición

O programa busca aprender a coñecer e valorar as cidades patrimonio da humanidade, mediante traballos, realizados nas aulas de educación secundaria obrigatoria dos centros de ensino das cidades patrimonio da humanidade, sobre os temas determinados na convocatoria.

Dirixido a

Alumnado de educación secundaria obrigatoria que vive e estuda nas cidades patrimonio da humanidade.
Os obxectivos que se perseguen son:
• Facilitar aos escolares o coñecemento da súa cidade e do resto de cidades Patrimonio, interactuando entre as distintas cidades e grupos.
• Promover o intercambio entre escolares, descubrindo elementos comúns e / ou singulares das cidades patrimonio da humanidade.
• Concienciar a mocidade escolarizada en ESO da importancia de vivir nunha cidade patrimonio, fomentando nela unha actitude activa, receptiva, dialogante e protagonista ante os problemas e posibilidades das cidades patrimonio.
• Desenvolver procesos de investigación escolar sobre a influencia de diferentes grupos sociais na conformación histórica do espazo urbano nas cidades patrimonio.
• Propiciar o coñecemento e o gozo do patrimonio urbano como a mellor maneira de implicarse na súa mellora e conservación, percibindoo como parte do noso presente e da propia identidade.
• Impulsar as distintas experiencias didácticas que promovan o uso da cidade como recurso educativo.

Solicítase en

Educación
Enderezo: Avenida Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIA
Tel.: 981 554 400 / 981 554 401
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Formularios



Compartir: