Solicitude de prorrateo

Descrición

Este trámite realizase para solicitar o prorrateo da cota tributaria do imposto sobre actividades económicas ou do imposto sobre vehículos de tracción mecánica e, no seu caso, a anulación do recibo do padrón anual emitido, como consecuencia dunha baixa censal e sempre que o solicite antes do remate do prazo voluntario de cobro do padrón correspondente.

Dirixido a

Os obrigados tributarios e as persoas ás que o acto administrativo afecte nos seus intereses lexítimos e directos.

Documentación necesaria

  • No caso do imposto sobre actividades económicas: declaración de baixa na actividade presentada no prazo establecido no Real decreto 243/1995.
  • No caso do imposto sobre vehículos de tracción mecánica: non é necesaria a presentación de documentación polo interesado pois o Concello obtén a información da Dirección Xeral de Tráfico.
Ordenanzas fiscais municipais:
  • Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público.
  • Ordenanza 1.02, reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
  • Ordenanza 1.05, reguladora do imposto sobre actividades económicas.

Notas para o cidadán

Prazo de presentación: A solicitude presentarase antes do remate do prazo voluntario de cobro do padrón do imposto sobre actividades económicas ou do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

Normativa reguladora:
  • Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
  • Real Decreto 520/2005, de 13 de maio, polo que se aproba o regulamento xeral de desenvolvemento da lei 58/2003, en materia de revisión de actos en vía administrativa.
  • Real Decreto 1065/2007, do 27 de xullo, que aproba o regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos.
  • Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Solicítase en

Oficina de Atención ao Contribuínte
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
Tel.: 881 599 977 (de (8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
Fax.: 981 542 381
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Este trámite pode requerir cita previa, neste caso, débese empregar o sistema de cita previa chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou na web do Concello de Santiago, no sitio Cita previa
Horario especial de atención ao público do 20 de xuño ao 10 de setembro:de 9:00 a 13:30 h.

Preséntase en

Tramítase en

Atención ao Contribuínte

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: