Sistema especial de pago

Descrición

A adhesión ao sistema especial de pago de tributos permite o pago de forma fraccionada e mediante domiciliación bancaria das débedas devengadas a un de xaneiro de cada exercicio sen que lles sexa esixible o pago de xuros de mora nin a prestación de garantías.
O sistema especial de pago aplícase ao imposto sobre bens inmobles.

Dirixido a

Ás persoas físicas e xurídicas titulares de inmobles situados no Concello de Santiago de Compostela que estean suxeitos ao imposto sobre bens inmobles.

Periodicidade

O sistema especial de pagos regúlase na Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección de tributos, e demais ingresos de dereito público:

1.- ADHESIÓN: Para acceder a esta modalidade de pago, os obrigados ao pago deberán cumprir os requisitos que de seguido se recollen:
a) Non ter á data de aprobación do padrón do tributo correspondente ningunha débeda en vía executiva co Concello.
b) Domiciliar os seus recibos en calquera entidade financeira.
c) Notificar formalmente á Administración tributaria municipal a adhesión a este Sistema antes do día 1 de febreiro do exercicio no que se pretende a súa aplicación.
d) Incluír todos os seus recibos polo tipo de ingreso no que se acollen a este sistema

2.- CONCESIÓN: Se a solicitude se presenta dentro do prazo e se cumpren todos os requisitos, o sistema especial de pagos entenderase automaticamente concedido desde o mesmo día da solicitude.
Se a solicitude se presente despois da data indicada e se cumpren todos os requisitos, a concesión terá efectos tributarios no exercicio seguinte.
De non se cumprir os requisitos establecidos a Administración tributaria municipal comunicará, antes do inicio do período de pago establecido e en todo caso antes do primeiro prazo, a denegación ou a exclusión deste sistema especial de pago ao obrigado ao pago.
Unha vez incluídos os recibos neste sistema de pago entenderase prorrogado tacitamente.

3.- DATA DE PAGO: O Concello cargará na conta na que se domicilie o pago as cotas tributarias fraccionadas, sen xuros de mora e sen obriga de prestar garantías, mediante o sistema especial de pago nas seguintes datas: primeiro prazo: 5 de xullo; segundo prazo: 5 de setembro; terceiro prazo: 5 de novembro.

4.- IMPORTE: O importe de cada fracción será el resultado de dividir o importe do recibo polo número de fraccións.

5.- FINALIZACIÓN:
5.1.- DESISTIMENTO: Porá fin ao sistema especial de pago o desistimento expreso presentado antes do día un de xaneiro do exercicio no que se pretende a exclusión do sistema especial de pago.
5.2.- INCUMPRIMENTO: perderase de maneira automática o dereito a beneficiarse deste sistema de pago cando por causas imputables ao obrigado ao pago a débeda non se faga efectiva no seu vencemento, isto é, cando non se pague calquera dos prazos, pasando a rexerse polo sistema xeral. Neste caso:
a) se o período voluntario de ingreso non tivera finalizado, terase que proceder ao pago integro da débeda dentro do período voluntario de ingreso establecido para o tributo ou ingreso de dereito público;
b) se o período voluntario de ingreso tivera finalizado, iniciarase a vía de constrinximento pola contía pendente de pago.

6.- ADIANTO DO PAGO: Se o obrigado ao pago decidira adiantar o pago de calquera das fracciones á data de vencemento sinalada, deberá abonar o importe total do recibo para o que terá que dirixirse a Administración tributaria municipal que lle entregará o documento de pago sen que isto supoña a perda do sistema para exercicios posteriores, agás que o interesado así o manifeste.

7.- MODIFICACIÓN DA CONTA DE DOMICILIACIÓN: Calquera modificación na conta de domiciliación deberá de comunicarse con dous meses de antelación ás datas establecidas para o cobro de cada fracción. No suposto de que se presente despois das fechas indicadas, as modificacións terán efecto para a fracción seguinte.

Solicítase en

Atención ao contribuínte
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo
Tel.: 881 599 977 (de 8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
Fax: 981 542 381
Correo: Contactar co Concello
Horario: Atención presencial, de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro:de 9:00 a 13:30 h. (agás horario específico de cita previa)

Preséntase en

Atención ao contribuínte
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo
Tel.: 881 599 977 (de 8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
Fax: 981 542 381
Correo: Contactar co Concello
Horario: Atención presencial, de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro:de 9:00 a 13:30 h. (agás horario específico de cita previa)

Tramítase en

Atención ao Contribuíte

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: